V Congreso Mundial de Educación Infantil e Formación de Educadores

Por unha Educación Infantil de Calidade e Futuro
Data: 
Desde xoves, 31 de outubro de 2013 ata sábado, 2 de novembro de 2013
Lugar: 
Antequera (Málaga)

Organizado polo Grupo de Investigación HUM205 Educación Infantil e Formación de Educadores das Universidades andaluzas, celebrarase o 31 de outubro, 1 e 2 novembro de 2013 en Antequera, o V Congreso Mundial de Educación Infantil e Formación de Educadores.

No congreso reflexionarase e debaterá sobre a situación actual e as novas tendencias da etapa educativa de Educación Infantil, a importancia da formación dos educadores e estratexias para implicar a familia como primeira colaboradora na educación.

Obxectivos:

. Coñecer e intercambiar experiencias e investigacións con profesionais de todo o mundo.
. Reflexionar sobre elas e sobre a súa posible adaptación ao noso contexto educativo, fomentando o deseño de intervencións futuras.
. Prestar especial atención ás prácticas educativas de calidade nesta etapa.

A reflexión estruturarase en torno a tres núcleos temáticos de carácter interdisciplinar, que formarán o eixe central de cada un dos días do programa do congreso:

1. Educación integral do neno de 0 a 6 anos.
2. Liñas de investigación internacionais e nacionais en Educación Infantil.
3. Novas tendencias. Cara a unha Cidade Educadora: Familia e Comunidade.

En torno a estas seccións programáronse: relatorios, paneis de expertos, obradoiros, comunicacións e pósters.

Toda a información na WEB