III Congreso de educación e investigación musical

Data: 
Desde venres, 28 de febreiro de 2014 ata domingo, 2 de marzo de 2014
Lugar: 
Barcelona

Baixo o lema "Ensinar e aprender música: modelo tradicional, online e semipresencial", o Conservatorio Superior de Música do Liceo e o Instituto de Educación Musical (IEM) únense para organizar un encontro no que teñan cabida todas as persoas interesadas no ensino da música e na investigación musical.

O Congreso terá lugar no Salón de Actos do Conservatorio Superior Liceu, en Barcelona os días 28 de febreiro, 1 e 2 de marzo de 2014.

Prazo de inscrición: Ata o 20 de febreiro

Máis información AQUÍ