II xornadas arredor da Música Tradicional
![](http://www.edu.xunta.gal/eduga/sites/site.eduga/files/styles/node_axenda/public/musica_tradicional.jpg?itok=bgMI7qkg)
A Asociación de Gaiteiros Galegos (AGG) organiza no Centro Galego de Arte Contemporánea de Santiago de Compostela as II xornadas arredor da Música Tradicional.
O encontro, que se celebrará os días 16 e 17 de novembro, centrará boa parte da súa atención na música de gaita. Así, a presenza deste instrumento na música barroca ou de cámara, as súas versións en León ou Portugal ou a evolución das formacións de gaiteiros en Galicia, protagonizarán diferentes relatorios.
Canda a isto, o papel dos cegos na nosa tradición musical tamén se abordará atendendo á súa relación coa zanfona, á presenza destes músicos na Limia ou mediante a figura do Cego de Padrenda.
Presentacións de publicacións sobre música tradicional, traballos sobre o pandeiro ou o acordeón, xogos musicais ou unha foliada forman parte tamén do programa.
Toda a información na web da AGG