II Congreso Internacional sobre aprendizaxe, innovación e competitividade

Data: 
Desde mércores, 6 de novembro de 2013 ata venres, 8 de novembro de 2013
Lugar: 
Madrid (Universidade Politécnica)

Ante os novos modelos de aprendizaxe internacionais, como os MOOC (Massive Open Online Course), as novas prestacións das tecnoloxías emerxentes e a necesidade de cambio tanto en contextos externos como internos, o contexto educativo vive unha situación na que se debe dar valor ao compromiso de todos os axentes relacionados coa formación: alumnado, profesorado e xestores.

CINAIC desexa contribuír ao desenvolvemento da innovación educativa, á identificación de indicadores para seleccionar as boas prácticas, á súa aplicación no día a día e, desta forma, avanzar cara novos modelos formativos.

Obxectivos:

. Favorecer a transferencia de coñecemento sobre aprendizaxe, innovación e competitividade entre ámbitos produtivos e formativos.
. Dar a coñecer programas de promoción e financiamento da innovación tecnolóxica para a formación.
. Dar a coñecer a I+D+i en formación.
. Actuar como punto de encontro entre distintos axentes sociais relacionados coa aprendizaxe.
. Establecer un centro de recursos para divulgar o coñecemento xerado no congreso.
. Establecer unha rede social cos participantes no congreso e estendela a outros ámbitos relacionados coa aprendizaxe, a innovación e a competitividade.

 

Máis información neste ENLACE