I Congreso de Centros Educativos Innovadores

Un encontro para debater a educación do futuro
Data: 
Desde mércores, 26 de xuño de 2013 ata xoves, 27 de xuño de 2013
Lugar: 
Oviedo (Colexio Santa María del Naranco)

Os obxectivos que se desexan alcanzar neste I Congreso de Centros Educativos Innovadores son:

- recoñecer a figura dos profesores como principais axentes da innovación

- debater sobre o cambio metodolóxico e a formación dos educadores

O centro organizador, o Colexio Santa María del Naranco, centrou o debate nos seguintes cinco bloques:

  • Novos paradigmas psicopedagóxicos para desenvolver persoas competentes
  • Novos soportes para o coñecemento TIC
  • Necesidade de comunicarse na aldea global: Educación Multilingüe
  • Educación para todos: a atención á diversidade
  • Unha educación en valores: a solidariedade internacional

Falarase tamén sobre a utilización das novas tecnoloxías e outros recursos que potencien as capacidades dos estudantes con necesidades educativas especiais. Os asistentes poderán coñecer as últimas estratexias e técnicas empregadas na aula como elemento motivador que facilitan a aprendizaxe, así como as reflexións sobre os retos que os docentes deben afrontar para proporcionar unha educación de calidade no século XXI.

 

Máis información na WEB