Ferramentas innovadoras para o ensino de Lingua e Literatura Galega

Data: 
Desde mércores, 19 de febreiro de 2014 ata mércores, 26 de febreiro de 2014
Lugar: 
A Coruña (Fundación Barrié)

Tres docentes de galego pioneiros na aplicación de ferramentas virtuais expoñerán as súas experiencias con alumnado de primaria e secundaria, ofrecendo tanto un coñecemento xeral das diferentes aplicacións e os seus posibles usos, coma unha perspectiva máis práctica, a cal inclúe un obradoiro de achegamento á ferramenta das cartografías dixitais e a súa utilidade na aula de Lingua e Literatura.

O curso está pensado para docentes que desexen experimentar coas potencialidades das novas tecnoloxías, sen requirir coñecementos informáticos previos. Terá lugar na sede da Fundación Barrié na Coruña os días 19 e 26 de febreiro de 2014.

Obxectivos:


- Ofrecer unha formación práctica ao profesorado, dotándoo de ferramentas que incrementen a calidade educativa das clases de Lingua e Literatura.
- Estimular o alumnado a través dun achegamento máis dinámico aos contidos curriculares.
- Promover o coñecemento e uso das novas tecnoloxías aplicadas ao ensino de Lingua e Literatura Galega.

Máis información AQUÍ