Congreso Euro-Iberoamericano sobre a Formación do Profesorado de ESO

Reflexión, Análise e Propostas
Data: 
Desde martes, 16 de Xullo de 2013 ata venres, 19 de Xullo de 2013
Lugar: 
Madrid (Facultade de Educación-UNED)

O Congreso Internacional Euro-Iberoamericano sobre a Formación do Profesorado de Educación Secundaria. Reflexión, Análise e Propostas é unha actividade académica que impulsa a Facultade de Educación no marco institucional da Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED), polo seu carácter nacional e a súa dependencia orgánica do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte (MECD) de España.

Trátase dunha convocatoria aberta dirixida aos diversos profesionais da educación secundaria, aos responsables da educación secundaria nas administracións públicas e a estudantes e graduados da universidade en expectativa de exercer a docencia.

Este congreso quere ser unha plataforma na que se poidan ofrecer respostas. A mellora da calidade da educación secundaria non vai chegar con novas reformas lexislativas se estas non veñen acompañadas por unha decidida vontade de mellorar os recursos humanos que se han de encargar de levala á práctica. Unha formación de calidade que dote o profesorado das competencias docentes requiridas será a mellor garantía de futuro para a educación secundaria que todos estamos desexando.

 

Consulta o PROGRAMA

Accede á WEB