Guía para a formación en centros sobre as competencias básicas

O Ministerio de Cultura, Educación e Deporte (MECD), a través do Centro Nacional de Innovación e Investigación Educativa (CNIIE), publica, para toda a comunidade educativa, o material de traballo “Guía para la formación en centros sobre las competencias básicas”, froito do esforzo e o traballo cooperativo de diversas administracións, institucións e centros educativos durante os últimos anos.
Esta obra xurde como resultado do coñecemento xerado no Proxecto de Integración Curricular das Competencias Básicas que o MECD desenvolve desde o ano 2010, a través do CNIIE e en cooperación con quince Comunidades Autónomas e as cidades autónomas de Ceuta e Melilla.
Preséntase en formato electrónico e consta de dúas partes: unha inicial de conceptualización teórica e unha segunda na que se desenvolve toda a secuencia de formación con 17 actividades distribuídas en tres niveis: inicial, avanzado e de profundización.

Acompañan a esta Guía cinco carpetas con materiais complementarios:

  • Carpeta I: Módulos e recursos para a formación
  • Carpeta II: O Proxecto
  • Carpeta III: Documento ponte
  • Carpeta IV: Actividades referentes
  • Carpeta V: Aplicación dixital, ferramenta dixital para facilitar ao profesorado a elaboración de mapas curriculares, o deseño de unidades didácticas e a avaliación do alumnado, tanto do seu rendemento nas áreas ou materias que cursa como o nivel obtido das competencias.

 

Acceso á GUÍA

 

Sección: