Cen anos do ferrocarril Ferrol-Betanzos

Título: Cen anos do ferrocarril Ferrol-Betanzos

Autor/a: Guillermo LLorca Freire

Editorial: Embora

Ano: 2013

Páxinas: 174
 

Contido:

O libro é un concienciudo traballo de investigación que pon o punto de mira nos acontecementos que rodearon a chegada do tren a Ferrol hai xusto un século.

Este traballo, dividido en seis partes, traza unha completa visión dos antecedentes, os procesos e as xestións que desembocaron na creación deste fenómeno, así como as dificultades, atrasos e peripecias na implantación do tren, tanto en Galicia como na zona de Neda, pois foron moitos anos de acontecementos políticos e militares, dificultades económicas e burocráticas. Tamén destaca o interese que espertou a prolongación ata o porto e A Graña.

Cen anos do ferrocarril Ferrol-Betanzos é unha fonda e amena análise dunha historia que semella tecer un bucle entre o pasado e o presente de Ferrol respecto dos atrancos permanentes coas súas infraestruturas.

O traballo de Guillermo LLorca vai máis alá de falar do ferrocarril, situando o contexto dos medios de transporte do Ferrol da época, e atendendo ao nacemento dunha nova clase proletaria ao abeiro do ferrocarril.

 

Sección: