Descubriendo a Forrester

Título: Descubriendo a Forrester
Título orixinal: Finding Forrester
Ano: 2000
Nacionalidade: Estados Unidos
Xénero: Drama
Dirección: Gus Van Sant
Elenco: Sean Connery, Rob Brown, F. Murray Abraham
Guión: Mike Rich
Música: Bill Brown, Bill Frisell
Duración: 136 minutos

Sinopse:

Jamal Wallace, un rapaz brillante orixinario do Bronx, recibe unha bolsa para estudar nun prestixioso centro. A bolsa foille outorgada polo seu gran talento como xogador de baloncesto, pero, ao estar fóra de contexto –é practicamente o único estudante negro no lugar– e privado da boa traxectoria educativa dos seus compañeiros, Jamal está vivindo unha etapa extremadamente difícil da súa vida.


Un novelista solitario e amargado le unha mensaxe tan chea de vitalidade e enerxía que decide buscar o seu talentoso autor. Cando coñece a Jamal e descobre nel un enorme potencial literario, tómao baixo a súa ala e axúdalle a puír os seus talentos artísticos. Pero a medida que Jamal afonda na súa educación literaria, os seus camiños  crúzanse e practicamente deberá escoller entre ser un grande escritor ou un gran deportista.

Sección: