10 ideas clave. La educación infantil
Título: 10 ideas clave. La educación infantil
Autora: Mari Carmen Díez Navarro
Editorial: Graó
Ano de edición: 2013
Páxinas: 244
Contido:
O texto está pensado especialmente para os mestres e mestras de educación infantil, e tamén para os estudantes de Maxisterio.
Pretende axudar a responder a preguntas como: Que necesita un neno para vivir a súa infancia saudablemente? Por que é importante incluír o mundo dos afectos na escola? Como facer posible que os rapaces aprendan coas súas propias ferramentas: a curiosidade, o xogo e o desexo de saber? Como atender as subxectividades de cada un dos cativos e, á vez, animar a creación de grupos coas súas dinámicas? De que maneira se poden aproximar as narrativas artísticas e culturais aos nenos e nenas para abrir neles o desexo de expresarse, inventar e crear? Como fomentar vínculos afectivos e efectivos de relación coas familias?