Enredando nos antropónimos

 

Título: Enredando nos antropónimos (libro do alumno + CD para o mestre)
Autor: Xulia Marqués Valea
Editorial: Galebook
Ano de edición: 2012
Páxinas: 89

Contido:

Para reforzar os coñecementos lingüísticos sobre a onomástica persoal galega (nomes de persoa, apelidos, hipocorísticos, alcumes...) nas primeiras aprendizaxes do ensino obrigatorio naceu Enredando nos antropónimos.

Enredando está composto por un libro do alumno e un CD complementario para o mestre. O primeiro preséntase estruturado en 13 fichas con actividades de aula, un espazo con recomendacións de lectura e outro de xogo.

O CD destinado ao mestre inclúe, á parte do apéndice coas solucións ás 78 actividades formuladas, unha sección nova -“O que dan de si os apelidos”- e 4 anexos en que se ofrece unha información detallada sobre as institucións e espazos de referencia para o estudo da onomástica galega (iniciativas, recursos e ferramentas na rede), como podes galeguizar o teu nome ou regularizar ortograficamente o teu apelido (procedementos, formulários...), unha relación de bibliografia para aqueles docentes que queiran estar ao día neste eido e diferentes recursos para traballar na aula cos nomes e cos apelidos.

Co fin de complementar a proposta editorial anterior, e seguir incidindo no tratamento da onomástica persoal na clase, está deseñándose unha ferramenta complementaria: Antroponimizando. Proposta dixital educativa para traballar cos nomes e apelidos.

Ambas as dúas achegas pretenden incidir na recuperación da onomástica persoal xenuína como parte do proceso de normalización lingüística.

Sección: