Pensando en el futuro de la educación

Una nueva escuela para el siglo XXII

Título: Pensando en el futuro de la educación. Una nueva escuela para el siglo XXII
Autores: Beatriz Jarauta, Francisco Imbernón (Coords.)
Juan Manuel Álvarez, Javier Echeverría, José Gimeno Sacristán, Jaume Martínez Bonafé, Ocsicna Nonreb, Pilar Pérez Esteve, Pere Pujol Paulí, Vicent Roig Estruch, Miguel Ángel Santos Guerra, Juan Carlos Tedesco, Francesco Tonucci, Atuara Zirtae
Editorial: Graó
Ano de edición: 2012
Páxinas: 158

Contido:

Este libro recolle algúns dos temas máis importantes da educación actual pensados nun contexto diferente, descoñecido, como é o século XXII. Ofrece tamén un conxunto de perspectivas e de temáticas diversas cuxo obxectivo pretende facernos reflexionar e animarnos a analizar os problemas e os acertos da educación de agora e de antes, e iso proporcionándonos algunhas das claves que nos axudarán a proxectar as nosas incertezas e desexos na educación do vindeiro século. Durante os próximos anos, as nosas sociedades, culturas e procesos de educación cambiarán tanto que aparecerán dilemas e preocupacións practicamente inimaxinables nestes momentos. Este foi o propósito que nos levou a recoller o pensamento dun grupo excepcional de autores respecto á educación do mañá.

 

 

Sección: