Escribir en Internet

Guía para los nuevos medios y las redes sociales

Título: Escribir en Internet. Guía para los nuevos medios y las redes sociales
Autor:  Fundación del Español Urgente–Fundéu BBVA
Editorial: Galaxia Gutenberg
Ano: 2012
Páxinas: 512

Contido:

Como se escribe unha carta oficial nunha mensaxe electrónica? Que símbolos se poden usar en Twitter? E nun sms? Respostas a estas e outras moitas dúbidas pódense atopar no libro Escribir en internet. Guía para los nuevos medios y las redes sociales, o primeiro manual práctico de uso do español nos medios dixitais e nos soportes electrónicos.

Pensado para todos os públicos, para aqueles que utilizan a rede de maneira cotiá sen ser expertos, pero tamén para os profesionais que queren profundar e mellorar as súas  técnicas de redacción e comunicación dixital, este libro axudaralle a escribir con corrección e estilo en internet.

Dirixido polo xornalista Mario Tascón, Escribir en internet. Guía para los nuevos medios y las redes sociales é un traballo da Fundéu BBVA que recolle recomendacións e estudos de máis de corenta expertos sobre cortesía na rede, correspondencia electrónica, reputación en liña, español global, escritura colectiva, redacción para blogs, mensaxería instantánea, xestión de comentarios, redes sociais, emoticonas, accesibilidade, temas legais… e todo o que hoxe resulta necesario para traballar na rede.

 

Sección: