Animais da granxa

un proxecto para nenos con discapacidade

Desenvolver funcións comunicativas que lles permitan expresar as súas necesidades, desexos e sentimentos aos nenos con discapacidade intelectual, desenvolver a súa linguaxe expresivo-comprensiva e acadar unha vida persoal máis autónoma e de maior integración na sociedade son os obxectivos que promove o proxecto educativo Animais da granxa, enmarcado dentro da iniciativa Comunic@ndonos.

Posto en marcha no IPSI 44 PE (Instituto Privado Psicopedaxógico-Incorporado ao ensino oficial) en Perú, céntrase no coñecemento dos animais de granxa a través dun conxunto de actividades que lles axudan a coñecer este contorno en profundidade a nenos desde educación infantil ata 10 anos: un conto, unha actividade centrada na comprensión, ligazóns relacionadas co tema, un vídeo, un mapa conceptual no que se ven os animais e se poden escoitar os seus sons… Ademais, motiva o traballo colaborativo, grazas ao que os nenos traballan xuntos e axudan os seus compañeiros a adquirir novas habilidades comunicativas.

Todos estes recursos intégranse no programa One Note e pódense descargar desde a comunidade de profesores PiL de Microsoft de tal xeito que as familias poidan participar nas tarefas terapéutico-escolares dos nenos.

Máis información en Partners in Learning (PiL) de Microsoft

Palabras clave: 
Sección: