Doblando las mates. Proyecto con papiroflexia de toda una tribu

Título: Doblando las mates. Proyecto con papiroflexia de toda una tribu
Autor: Miguel Ángel Vidal
Editorial: Auga Editora
Ano: 2011
Páxinas: 169

Contido:

Miguel Ángel Vidal Martín, profesor do IES Pedro Floriani de Redondela, "dobra as matemáticas" nas súas clases a través da papiroflexia ou origami, que emprega como ferramenta para lle achegar esta materia, sempre árida, ao alumnado do Programa de diversificación curricular.

Xogando e aprendendo, Vidal e os seus alumnos construíron unha estrutura fractal chamada esponxa de Menger con máis de 18.000 módulos de papel como parte das clases.

“Co origami tamén tratamos de potenciar seis das oito intelixencias múltiples da teoría de Howard Gardner”.  Vidal sostén que cando te centras nun alumno o podes facer desde os seus fracasos ou desde os seus éxitos. “Por que nos centramos no que fai mal e non no que fai ben? Son máis permisibles se traballamos nas virtudes.”

En Doblando las mates. Proyecto con papiroflexia para toda una tribu, ilustrado por Luis Alonso Villar, Miguel Ángel explica o seu método e demostra que as matemáticas poden ser máis amenas.

Sección: