Titiricircus

 

Título: Titiricircus

Autores: Miguel Borines e Tatán, de Tanxarina

Editorial: Kalandraka

Ano de edición: 2012

Páxinas: 36

Contido:

Titiricircus é a obra de teatro de títeres máis representada en Galicia.Tanxarina suma máis dun milleiro de actuacións do espectáculo.

Este libro conmemorativo do 25.º aniversario é un recordo nostálxico e festivo do circo de gran formato.

Conta a historia de dous traballadores desa fábrica de soños que lembran, cos seus monicreques de fíos, os éxitos do seu pasado na pista de area circular.

Interactuando co público, estes veteráns artistas circenses van sacando a escena os números máis importantes e irrepetibles que ofrecía aquel circo xa desaparecido: o home máis forte da Península Ibérica, o encantador da serpe Josefina, o malabarista máis bailarín ou o equilibrista do monociclo.

A proposta plástica amosa unha visión de conxunto do teatro entre bambolinas: o proceso de produción dos monicreques, as viaxes da compañía dunha vila a outra, a posta en escena e as interioridades da actuación.

As ilustracións son de Pablo ‘O Pastor’.

Sección: