Entrevista a Inger Enkvist

 

No contexto das II Xornadas da Inspección Educativa, Eduga entrevistou a Inger Enkvist, catedrática emérita da Universidade de Lund.

Hispanista e pedagoga sueca. Licenciouse en Filoloxía Francesa e empezou a traballar na ensinanza primaria, secundaria e media en Suecia como profesora de francés e máis tarde tamén de inglés. Fixo a súa tese sobre literatura española e doutorouse en Letras pola Universidade de Gotemburgo. Publicou estudos, entre outros, sobre Mario Vargas Llosa e Juan Goytisolo. En 2005 organizou en Lund o Simposio Internacional Aprender a Pensar.

É autora de innúmeros artigos e ensaios sobre os males da educación e a ensinanza na Europa contemporánea. Neles expresa o seu desacordo coa nova pedagoxía que pon demasiado peso na iniciativa e na autonomía do alumnado, ao considerar que infantiliza e degrada a súa formación ao desestruturar e fragmentar o seu coñecemento sobre o mundo e impedirlle desenvolver hábitos sistemáticos de traballo. Segundo Enkvist, se a autonomía do alumnado é intocable, este acaba por rebaixar os obxectivos educativos, adaptándoos ao seu antollo. Esta inclinación polo ritmo subxectivo e a falta de esixencia son para ela a raíz do crecente descenso do nivel de coñecementos.

Avoga por recuperar algúns aspectos esquecidos da antiga educación: non confundir pensamento con información, recuperar o lugar da memoria dentro dos procesos de aprendizaxe como un proceso dinámico e de radical importancia cognitiva que hai que educar tamén; defender e reimplantar a lectura e lograr a sintonía entre a escola e os pais.

En español publicou, entre outros libros, Conocimiento en crisis. Las ideologías en la educación actual con ejemplos de Suecia, Controversias educativas, El complejo oficio del profesor, La buena y la mala educación, Repensar la educación, La educación en peligro e Educación, guía para perplejos.

 

Sección: