En busca de fantasmas

Título: En busca de fantasmas

Autor/a: Claudia Herrero

Editorial: ‎ Independently published

Ano: 2022

Páxinas: 95

Contido:

Alicia é unha moza curiosa que prefire pescudar as cousas pola súa propia conta. Unha noite decide entrar no Castelo, despois de ver nunha das súas torres unha aparición estraña. Sospeita que podería tratarse dunha pantasma e que, talvez, ese non sexa o único misterio alí.

Esta moza terá que usar todas as súas destrezas e coñecementos para entender o que sucede. A protagonista, á que lle gustan moito os contos, acabará mergullada nunha aventura na que descubrirá máis do que sospeitaba e da que sairá cambiada.

Sección: