Cómo dar clase a los que no quieren

 

Título: Cómo dar clase a los que no quieren

Autor: Juan Vaello Orts

Editorial: Santillana

Ano: 2007

Páxinas: 224

Contido:

O segredo de ensinar non é tanto transmitir coñecementos como contaxiar ganas, especialmente aos que non as teñen. Que facer con este alumnado para integralo na clase, ou polo menos conseguir que lles permita traballar aos que si queren facelo, é o principal reto das ensinanzas obrigatorias, cuxa superación pasa pola consecución dun clima favorable na aula e no centro mediante a creación de condicións propicias que non se van dar espontaneamente, senón que deben ser creadas polo profesor.

As propostas que se suxiren no libro parten da consideración da convivencia e a aprendizaxe como dúas facetas que forman parte dun único tronco común: a formación integral do alumno, que inclúe o desenvolvemento de capacidades cognitivas (usualmente identificadas co rendemento académico), pero tamén de capacidades socioemocionais, que constitúen o leito imprescindible para alcanzar logros en calquera campo: a forza de vontade, o autocontrol, a perseveranza ou a capacidade de superación de adversidades, entre outras.

 
 

Sección: