Os contos da avoa Pepa

Título: Os contos da avoa Pepa
Autor/a: Francisco Fernández Naval
Ilustración: Manolo Figueiras
Editorial: Kalandraka
Ano: 2018
Páxinas: 88

Contido:
A obra atesoura a memoria dos maiores ante as doenzas que anulan as súas lembranzas e evoca a Galicia de antano, con menos comodidades e sen os adiantos tecnolóxicos de hoxe en día, pero coa autenticidade e co encanto da paisaxe rural. No relato están presentes as historias que pasaban de xeración en xeración, dende os contos de fórmula e os xogos tradicionais, ata as adiviñas, as cantigas ou as fábulas.

 

 

Sección: