Club de lectura de cultura xitana

Visibilizando a minoría xitana e sensibilizando a maioría. Ás veces o que non digo é tan importante coma o que digo.
Cando cheguei ao centro, vin que había alumnado xitano. Coloquei a bandeira xitana na aula de Pedagoxía Terapéutica e, cando entraban e a recoñecían, só iso, parecían sentir que podían falar sen ocultar que eran xitanos, dicilo, escoitar e ler a palabra xitana/o na aula; xa é un paso adiante porque do que non se fala non existe e xorde o autoodio, a necesidade de agocharse. Unha nena díxome: «Profe, eu non quero ser xitana!». Non están interesados nos temas dos seus libros de texto, nada falan deles, entón sentín a necesidade de propoñer a creación do club de lectura Cultura Xitana. Nun principio foi a maneira de introducir temas de cultura xitana no currículo, na miña aula...

Xulia Regueiro Sande
IES Urbano Lugrís (A Coruña)
lerunmardecontos@gmail.com



Contextualización

A lectura é o camiño cara ao coñecemento e a liberdade.
Que estereotipos ofrecen hoxe os libros de texto? Masculino e singular xenérico, heterosexual, paio, branco...
Non existe evidencia da existencia dun currículo oculto planificado intencionadamente (Torres, S. J., 1994, p. 113), de momento temos certa autonomía para traballar os temas, pero si é certo que hai temas que rascan e que incomodan, este é un deles.
No ensino, reflexo da sociedade, seguimos perpetuando formas de opresión sobre os colectivos que non pertencen ao xénero, raza e orientación afectivo-sexual dominantes. Queremos crer que non existe racismo,pero iso é porque non se consideran as minorías xitanas e moinantes sobre as que recae un «odio» que non nos atrevemos a etiquetar como racista... e que negamos e/ou tapamos porque nos centros de ensino aseguramos a «uniformidade», a «obxectividade» e nos libros de texto non aparecen estas minorías. Senas clases non falamos da cultura xitana, negámola, invisibilizámola e relegámola a un status inferior, se non está nos libros de texto, é porque non merece estar.
Así pois, o club de lectura Cultura Xitana nace para visibilizar e nomear. Nos libros de texto e nos contidos do currículo é necesario que apareza a historia e a cultura das minorías oprimidas e silenciadas para así eliminar os estereotipos negativos, os prexuízos e a discriminación. Odiamos, rexeitamos e tememos o que descoñecemos. É necesaria unha educación multicultural e plurilingüe e este tipo de lecturas axudan.



Obxectivos

1.    Utilizar o club de lectura para visibilizara cultura xitana.
2.    Sensibilizar a maioría non xitana (paias, africanas, latinas...).
3.    Coñecer algo da cultura xitana: historia, xitanofobia, prexuízos, estereotipos, racismo, respecto, discriminación positiva, mensaxes dobres vehiculares…
4.    Entrar en contacto coa cultura xitana de forma distendida, coñecer autores e xéneros novos.
5.    Cultivar a imaxinación e desenvolver un espírito crítico, a creatividade e o pensamento diverxente.
6.    Socializar, falar en público, abrirse a outras culturas, empatizar, perfeccionar a expresión oral e escrita, ampliar vocabulario…
7.   Aprender a discrepar argumentando e a compartir as opinións, dúbidas e experiencias persoais de cada lector. Os distintos puntos de vista enriquecen as impresións que teñen durante as actividades cos diversos materiaisrelacionados coa cultura xitana.
8.    Facer do club de lectura un lugar para encontrarse.Para empezar, o club será un lugar no que reunirse e compartir dúbidas, experiencias, medos, culturas...


Recursos empregados

O primeiro foi comprar a bandeira xitana, é un símbolo moi bonito e moi vistoso para a aula, que provoca o achegamento e xera actividades como: orixe da bandeira, significado, debuxamos bandeiras...
A decoración do espazo con elementos culturais xitanos visibiliza o positivo da cultura e dá forza: póster, calendario, bandeira, libros, música... Algo que parece tan sinxelo é fundamental.
Creación na biblioteca dun fondo de libros, revistas, prensa, música e cinerelacionados co tema.

Participantes

O primeiro ano de creación do club de lectura Cultura Xitana participou só alumnado que viña á aula de PT, maioritariamente xitano. Mínimo catro alumnos e máximo sete. Só os martes eera na biblioteca.
No curso 2017-18, como era xa sempre na biblioteca e nos recreos dos mércores, o alumnadofoi cambiando, sempre eran tres ou catro as persoas que asistían e logo variaban cada vez, a maioría paias.

Actividades

  • Un dos obxectivos de calquera club de lectura é saber apreciar cando un libro é bo, independentemente da historia que conte ou de que os personaxes nos poidan gustar máis ou menos. Debemos ir subindo o listón e incluír ao longo do curso sempre algunha lectura máis difícil de desentrañar.
  • Neste club de lectura os protagonistas de cada sesión son a cultura xitana e os participantes, non os libros. Trátase de contar con grandes doses de estoicismo, de imparcialidade, evitando que non se impoña un criterio, todo debe ser razoado, non hai temas tabú se se tratan con respecto e se debaten. Trátase de empezar xa cun banco de actividades,de xeito que cada día a proposta sexa moi variada.
  • Todas as actividades propostas intentan conectar coas experiencias do alumnado e están apoiadas na súa cultura de orixe. E cando falamos de cultura de orixe, referímonos «aos diferentes e dinámicos estilos de vida de sociedades e grupos humanos e ás redes de significados que as persoas e grupos usan para construir os seus significados e comunicarse entre si» (Hall, S., 1992).
  • A actividade en si mesma non é importante, é a actitude que transmitimos, o entusiasmo e o modo de enfocar a diversidade sociocultural e o racismo na maneira de traballar. Non hai receitas de actividades, trátase de outorgar unha énfase ás cuestións de diversidade e facelo desde o respecto e a sensibilidade que sentimos cara á cultura xitana e cara a todas as diferentes á nosa.
  • O ideal sería lograr facer algunha actividade do club de lecturain situ, nobarrio, e que persoas de etnia xitana do contorno visitasen o club e participasen nos contos xitanos, por exemplo, pero non o logrei. Si que houbo unha estreita colaboración cunha muller xitana que traballa en Secretariado Xitano, no barrio, Zaida Jiménez, ela axudoume moito o primeiro curso a entender e a facer... Logo marchou. Somos conscientes de que hai obstáculos importantes, pero non son insalvables.
  • As actividades tratan de responder ás inquedanzas do alumnado participante e sempre arredor da cultura xitana, provocando autopreguntas mediante as actividades propostas. Cuestións como:«Ah, pero hai xitanas en Canadá? E en Chile? Pero hai un idioma?...».Que o alumnado participe activamente e se dirixa cara a onde lle interesa ir para coñecer as respostas.
  • A metodoloxía de traballo trata de aproximarnos ao colectivo xitano e á súa cultura, evitando as concepcións estáticas baseadas nas diferenzas e incidir na esenciae facendo conscientes as semellanzas desde o afectivo.
  • Coas actividades estimulamos o coñecemento mutuo, promovemos o diálogo sincero e fresco, combatemos os prexuízos baseados no descoñecemento e no medo ao que real e obxectivamente non é tan diferente.
  • Na base sempre está combater os tópicos e estereotipos negativos e os prexuízos cara ás persoas xitanas. A diversidade, tratada como elemento enriquecedor, integrador e artellador das actividades do club é a chave.
  • Trátase de evitar caer no folclorismo e ser conscientes da súa existencia e incidir noesquecemento e silenciamento da cultura xitana no contorno, a invisibilización e a negación como falsa solución: «do que non se fala non existe».
  • Nas actividades insistimos en facer conscienteo alumnado de que na realidade na que vivimos se trata de silenciar o diferente e minoritario e/ou convertelo en algo esperpéntico e/ou presentalo como culpable dos seus problemas e incluso de ocasionárnolos a nós. Son estratexias de naturalización das situacións de inxustiza social.
  • Analizamos a realidade sen caer na simplicidade, non podemos comprender ben o problema racista se non atendemos ás dinámicas de clase social e de xénero que interactúan no seu interior.

Actividades no curso 2016/17

- Si que é certo que a selección da primeira lectura coa que inauguramos o club é moi importante, ha deixar un bo sabor de boca e ganas de seguir, foi por iso que elixín primeiro o conto xitano Balichó con pisto, regalo que conservei décadas… e que me serviu para arrancar!
- As actividades a carón dos símbolos da cultura xitana (bandeira, lingua, música…) son vistosas e gustan: pintar bandeiras, ler o himno…
- Actividades sobre lecturas e libros relacionadas coas emocións que o tema lles xerae ir propoñendo obras que amplíen o catálogo de lecturas que por impulso non tenden a ler, xa que estas lles abrirán a mente cara a novas experiencias.
- Lecturas e libros relacionadas coa cultura xitana: lectura en grupos de catro ou cinco alumnos do libro Unha estrela no ventode Ledicia Costas, que era o primeiro libro enteiro que leran algúns dos alumnos varóns xitanos.
- En castelán lemos varios contos xitanos ao longo do curso, tanto na aula de PT coma na biblioteca (os martes pola tarde). Ao principio viñan entusiasmados para ler os contos e incluso levaron algún para a casa. No terceiro trimestre xa cansaron…
- Realizamos lecturas breves e adaptadas ao nivel sobre a historia do pobo xitano.
- Celebramos o 8 de abril cunha exposición na entrada do instituto e a bandeira xitana ondeando. Nesta data presentouse no Concello da Coruña a Maleta Xitana con toda a súa simboloxía e unha das alumnas do centro recitou o himno xitano e fíxoselle entrega ao alcalde dunha bandeira xitana.
- Traballamos a cultura xitana coa Maleta Xitana, un proxecto elaborado en Secretariado Xitano que consta dunha maleta na que se inclúen obxectos, libros, música e costumes que presentan, axudan a coñecer e achegan a cultura xitana a aquelas persoas que non a coñecen ou non tiveron contacto con ela. Dentro da Maleta aparecen:

  •     Significado do 8 de abril
  •     Bandeira xitana
  •     Himno “Gelem, Gelem”
  •     Cabacha
  •     Gastronomía xitana
  •     Ferradura
  •     Oficios tradicionais
  •     Améndoas
  •     Coroa de flores
  •     Historia do pobo xitano
  •     Dicionarios de caló
  •     Libros e contos xitanos

- A través destes elementos podemos visualizar e afondar na cultura xitana de xeito pedagóxico.
- Traballamos sobre persoas xitanas famosasno mundo a partir dunha ficha. Algúns alumnos xitanos varóns, cando falamos destas persoas, dicían: «Profe, estas non son xitanas, están “apaiadas».
- Fixemos una introdución ás palabras de orixe xitana que están no noso idioma, comprobando a procedencia nos dicionarios.

Actividades no curso 2017/18

- No curso 2017/18 comezou o club de lectura Cultura Xitana propiamente dito, quincenalmente, cada mércores, no recreo e na biblioteca do centro. Iniciouse con pouco alumnado, xitanos, menos e logo só viña unha nena. Ao principio tamén asistía algunha profesora.
- Arrancamos cun cuestionario sobre estereotipos e prexuízos que durou varias sesións. Logo fixemos unha introdución á arte xitana en xeral e á pintura en particular ao saber que teriamos a exposición de Lita Cabellutno MAC, fronte ao noso centro. Preparámonos para recibir a exposición deLita Cabellut: a muller xitana e pintora (unha bendita casualidade!).
- A exposición“Testimonio” de Lita Cabellutestivo do 26 de outubro de 2017 ao 1 de abril de 2018 no MAC da Coruña.
- Lita Cabellut (Sariñena, Huesca,1961) é unha pintora catalá de etnia xitana e afincada na Haia (Países Baixos) que traballa con lenzos de gran formato utilizando unha característica variación contemporánea da técnica do fresco.
- Desde a súa primeira exposición no Concello de Masnou en Barcelona en 1978, a obra de Lita foi exposta en varios países do mundo.
- Lita Cabellut trata de sacudir as conciencias pintando as persoas perdedoras da sociedade, xente solitaria e sen voz, o que ela foi no seu día, pero pode ver e transmitir ese sufrimento  tamén nas que aparentemente triunfaron na vida. Foi unha casualidade que xusto pasara a exposición pola beira do instituto e isto permitiunos visitala e traballar sobre a muller xitana e a obra.
- A partir do vídeo La pregunta de Samuel fixemos a actividade Preguntándonos aprendemos, da que saíron moitas cuestións e dúbidas relacionadas coa cultura xitana.
- A través de varias dinámicas de grupo traballamos os distintos temas: prexuízos, rumores, estereotipos....
- Analizamos varios chistes de xitanos para ver neles os tópicos, estereotipos e prexuízos e representamos microcomedias a partir dun chiste de xitanas/os. Ver imaxes racistas, comentalas e facer autopreguntas foi un xeito de seguir visualizando o racismo que nos impregna.
- Analizamos imaxes, pósters e noticias de prensa da publicación Nevipens romaníque ofrece un amplo número de artigos para ler e comentar.



Avaliación

A avaliación xeral do club de lectura de Cultura Xitana é positiva. A chave é transmitirlle ao grupo o interese polo tema e pola lectura. Este club de lectura vai máis aló do libro e da lectura, vai sobre todo de actitudes e valores.

Se tivese que animar a algunha compañeira á súa continuación, diríalle que a dedicación paga a pena porque é un esforzo que repercute moi positivamente en nós mesmas.

Fallou aparticipación, houbo pouco alumnado. No curso 2016/17 participou o alumnado que viña á aula de PT, maioritariamente xitano, e neste curso xa era nos recreos e participou alumnado da ESO, unha media de catro viñan habitualmente e ás veces algún e algunha máis, maioritariamente paios. Necesitamos facer actividades de promoción do club de lectura, dalo a coñecer en todos os cursos e que o profesorado tamén se implique.

Todos os obxectivos están en período de adquisición, hai que pasar o testemuño, o club arrancou e fai unha parada na estación estival pero segue... A palabra xitana vese no centro e ten forza e na biblioteca hai material sobre o tema e tamén pósters e elementos visibilizadores.

A maioría do profesorado e do alumnado sabe que existe o club de lectura e tamén a cultura xitana, necesitamos publicitalo máis e lograr así unha maior participación e implicación.

As propostas de visibilización e integración da cultura xitana só terán incidencia se son reais, baseadas no contexto sociocultural no que se fan e na medida en que impliquen a toda a comunidade educativa, incluídas as familias.

O club de lectura é un medio para escoitar e visibilizar a minoría xitana, darlle un espazo normalizador, está na base da integración e neste punto a avaliación é positiva pero debemos insistir nunha maior implicación.

Como profesoras e profesores necesitamos recuperar dosesde coraxe e de capacidade crítica diante dos actuais ataques das políticas educativas neoconservadoras, sutís pero existentes.

É preciso, ademais, de ser conscientes, de tratar de superar o etnocentrismo, racismo, clasismo, machismo e heterosexismo existentes.

Sempre encontraremos algunhas carencias e defectos na nosa xestión do club, o positivo é a reflexión e ser conscientes. Nopercorrido do club medramos intelectualmente e ampliamos a nosa biblioteca con libros quedoutro modo non leriamos nunca, descubrimos novos autores, algúns sorprendéronnos gratamente e outros menos, pero indiferentes nunca!


Conclusións

  • A primeira, agradecerlles ás persoas do club de lectura de Cultura Xitana tanto como aprendín e desaprendín delas! Grazas!
  • Aprendín a axitanarme e algunhas empezaron a “apaiarse”, disque... Aprendín que hai quen trata de xustificar a miseria, non é quen de loitar e de esforzarse ata desclasarse, é difícil saír, seino, pero chamarlle a iso «liberdade» non deixa de ser un autoengano.
  • É fundamental a implicación do profesorado para acadar maior participación e tamén para poder facer algunhas das actividades nas clases, de xeito que a cultura xitana se visibilice no currículo.
  • A institución escolar quere asegurar uniformidade impoñendo a lingua e a cultura dunha clase dominante, moi sutilmente, tanto que o concepto de clase social quedou diluído nos outros e todos baleiros de contido, coma se non existisen, isto é moi duro para o labor do profesorado.
  • É preciso fomentar propostas coma esta que fomenten o diálogo entre culturas e engadan complexidade de ópticas e perspectivas culturais que potencien actitudes positivas cara á diferenza. Traballar desde a empatía, aprender a poñerse na pel da outra persoa...
  • Non podemos tratar do mesmo xeito ás que as estruturas sociais converten en desiguais, ás que non tiveron acceso normal ás aulas, temos que tratar de paliar este desfase secular con discriminación positiva e cambiando os contidos e textos, non autoenganándonos pensando que, se non falamos das persoas xitanas, xa non existen, metémolas noutro armariocoma ao colectivo LGBTQI.


¡Sina querelao!

(Feito está!)
 

 

Bibliografía: 

 

 

APPLE, M. W. (1989): Maestros y textos. Una economía de las relaciones de clase y de sexo en educación. Barcelona: Paidós.

ASENSIO GARCÍA, J. (2011): Cuentos populares de los gitanos españoles. Madrid: Siruela.

CALVO BUEZAS, T. (1989): Los racistas son los otros. Gitanos, minorías y derechos humanos en los textos escolares. Madrid: Popular.

CALLEJA, S. e MUÑOZ, J. M. (1993): Un pueblo trashumante: los gitanos. Bilbao: Ed. Mensajero.

GÓMEZ ALFARO, A. (1993): La gran redada de gitanos: España, prisión general de gitanos en 1749. Madrid: Ed. Presencia Gitana.

FRASER, A. (2005): Los gitanos. Barcelona: Ed. Ariel.

HALL, S. (1992): “Race, culture, and communications: looking backward and forward at cultural estudies”. Rethinking Marxism, vol. 5, núm. 1, pp. 10-18.

LÓPEZ CASTRO, Miguel (2004): Introducción al flamenco en el currículo escolar. Univ. Internacional de Andalucía, Akal.

PLANTÓN GARCÍA, J. A. (2003). Los gitanos, su cultura y su lengua. Deputación Provincial de Málaga.

RAMÍREZ-HEREDIA, Juan de Dios. Primer manual de conversación en romano-caló.

SABATÉ, O. [traduc. e recompilac.] (2011): Contos tradicionais xitanos. Os fillos do vento. Santiago: Edic. Positivas.

TONG, Diane (1997): Cuentos populares gitanos. Madrid: Siruela.

TORRES SANTOMÉ, J. (1989): El curriculum oculto. Madrid: Morata.

 

 

Sección: