Pedagoxía en código aberto

Un día de cine

"Foi un día de 2008 cando desde Aspronaga nos preguntaron pola posibilidade de realizar unha curtametraxe. A partires dese momento iniciouse unha pequena aventura que, anos despois, nos levou a crear a Asociación Proxecto Máscaras a cal,  logo de fundarse no 2014, seguiu traballando a partir de todo o materializado coa meta de sacar adiante a película Máscaras".

Iago González, presidente da Asociación Proxecto Máscaras

O proxecto consiste no desenvolvemento dunha experiencia de co-creación audiovisual integradora con todas as súas fases (formación, casting, guión, ensaios, etc.) na que participan ademais da Asociación promotora, Proxecto Máscaras, o colexio Calasancias e tres entidades do ámbito da diversidade funcional: Aspronaga, a Fundación ADCOR e o grupo Naranja Imaginario.

Este gravación recolle unha charla informal con varios dos participantes no proxecto, moderados polo director de Eduga, Juan Granados, na que reflexionan sobre a experiencia e as súas implicacións.

 

 

Ligazóns de interese:

 

 

Sección: