Instalouse no Drupal 6 de Webs Dinámicas unha nova versión (1.4) do módulo "AMTEGA - Webs Dinamicas: Rexistro de contadores".
Este módulo ten definidos unha serie de contadores sobre os rexistros da base de datos e uns umbrais absolutos e relativos para cada contador. Con cada execución do cron (diaria de xeito automático) actualízanse estes contadores e se algún ten un incremento respecto do seu valor anterior que supere algún dos seus umbrais, o módulo envía un correo a websdinamicas@edu.xunta.es avisando desa circunstancia.
Os contadores que ten definidos este módulo son os seguintes:
Contador | Umbral absoluto | Umbral relativo |
Usuarios na Aula Virtual Moodle con autenticación por correo electrónico | 25 | 10% |
Usuarios na Web Drupal | 25 | 10% |
Comentarios anónimos na Web Drupal | 25 | 10% |
Contidos na Web Drupal | 25 | 10% |
Usuarios na Galería Coppermine | 25 | 10% |
Comentarios na Galería Coppermine | 25 | 10% |
O obxectivo deste módulo é detectar o antes posible a creación masiva por parte de robots de internet das entidades correspondentes a eses contadores.
No día de hoxe (4/4/2018) vaise activar este módulo en tódolos sitios do proxecto Webs Dinámicas.