Skip to Content

Moodle - Aula virtual

Autorexistro de usuarios nas aulas virtuais

Actualmente, coa versión que temos de Moodle no proxecto Webs Dinámicas, non funciona o CAPTCHA do formulario no que os usuarios poden darse de alta por si mesmos nas aulas virtuais dos centros no proxecto. Este sistema CAPTCHA impedía que robots de internet creasen de xeito masivo contas de usuario de tipo SPAMER.

Para evitar este problema de creación masiva de usuarios, xa no verán de 2018, desactivouse a posibilidade de que os usuarios se rexistrasen en tódalas aulas virtuais do proxecto, e enviouse un correo informativo a tódolos centros. No pasado mes de Xullo de 2019 desactivámolo de novo en tódolos centros.

Isto non quere dicir que non se poda utilizar o sistema de autorexistro de usuarios. Cando precisedes que os usuarios se dean de alta, por exemplo ao principio de curso, podedes activalo de novo, pero desde Webs Dinámicas pedímosvos que o fagades por un prazo de tempo limitado, pasado o cal o desactivedes de novo para evitar a entrada de robots.

No seguinte documento (https://www.edu.xunta.gal/centros/websdinamicas/aulavirtual2/mod/page/view.php?id=4456) tedes a explicación de como activar ou desactivar o autorexistro de usuarios.

Desde o proxecto Webs Dinámicas pedimos disculpas polos inconvintes que esto supón, pero xa estamos traballando para actualizar a novas versións de Moodle, e que así podamos utilizar esta funcionalidade con normalidade.

Un saúdo.

 

Activación do módulo Rexistro de contadores en Drupal

Instalouse no Drupal 6 de Webs Dinámicas unha nova versión (1.4) do módulo "AMTEGA - Webs Dinamicas: Rexistro de contadores".

Este módulo ten definidos unha serie de contadores sobre os rexistros da base de datos e uns umbrais absolutos e relativos para cada contador. Con cada execución do cron (diaria de xeito automático) actualízanse estes contadores e se algún ten un incremento respecto do seu valor anterior que supere algún dos seus umbrais, o módulo envía un correo a websdinamicas@edu.xunta.es avisando desa circunstancia.

Os contadores que ten definidos este módulo son os seguintes:

ContadorUmbral absolutoUmbral relativo
Usuarios na Aula Virtual Moodle con autenticación por correo electrónico 2510%
Usuarios na Web Drupal 2510%
Comentarios anónimos na Web Drupal 2510%
Contidos na Web Drupal 2510%
Usuarios na Galería Coppermine 2510%
Comentarios na Galería Coppermine 2510%

O obxectivo deste módulo é detectar o antes posible a creación masiva por parte de robots de internet das entidades correspondentes a eses contadores.

No día de hoxe (4/4/2018) vaise activar este módulo en tódolos sitios do proxecto Webs Dinámicas.

Moodle 2.6 - Límites ao envío de ficheiros

Publicamos na Aula Aberta do proxecto, no curso para administradores do Moodle 2.6 un novo documento no que se explican os límiten que Moodle 2 establece para o tamaño dos ficheiros que se suben á aula virtual (Enlace ao documento).

Moodle 2.6 vs Moodle 1.9

Publicamos na aula virtual do proxecto un documento resumen dalgunhas das melloras e novas funcionalidades do Moodle 2.6 respecto do Moodle 1.9.

Podedes velo neste enlace.

Actualización da Aula Virtual a Moodle 2.6

Durante o pasado Nadal comenzamos o proceso de actualización das aulas virtuais dos centros participantes no proxecto á nova versión 2.6 de Moodle desde a actual 1.9.

Actualizáronse un conxunto de centros que o tiñan pedido desde hay tempo. Polo momento continuaremos levando a cabo esta actualización baixo demanda, é dicir, só para aqueles centros que o pidan. Maís adiante comenzaranse a actualizar de oficio as aulas vituais que queden na versión 1.9.

Para pedir que se actualice a aula virtual dun centro, a dirección debe escribir desde o correo corporativo do centro a websdinamicas@edu.xunta.es indicando o código e o nome do centro e solicitando a actualización da súa aula virtual á nova versión Moodle 2.6.

Poden consultar máis detalles sobre esta actualización no ficheiro anexo.

Para máis información sobre esta actualización os centros poden poñerse en contacto co seu asesor/a de zona.

Saúdos.

Inicio de sesión seguro en Webs Dinámicas

Na próximas datas, no proxecto Webs Dinámicas activaranse sistemas de seguridade para o envío seguro das contrasinais de usuario.

Non é preciso que o centro realice ningunha acción para activar estes sistemas. Unicamente se recomenda a instalación do certificado da Fábrica Nacional de Moneda e Timbre nos navegadores de internet.

Achégase un documento con información detallada que pregamos sexa enviado aos administradores da Web Dinámica do centro, e tamén ao coordinador TIC e ao resto do profesorado.

O certificado da FNMT pódese descargar nos seguintes enlaces:

Saúdos.

O equipo de Webs Dinámicas

AMTEGA

 

Distribuir contido


by Dr. Radut