Skip to Content

Drupal - Páxina web

Instalado novo módulo: Node clone

Está instalado un novo módulo de Drupal 6 para o "clonado" de contidos. Este módulo permite crear un novo contido igual que outro existente, o que pode resultar de gran axuda á hora de crear contidos por exemplo de tipo Webform.

Para utilizar este módulo hai que seguir estes pasos:

1. Activar o módulo "Node clone" en Administrar > Contrución da páxina > Módulos

2. Configurar os permisos do módulo en Administrar > Mantemento de usuarios > Permisos, marcando que roles poden clonar calquera contido (recomendado só para o administrador) ou os propios contidos.

3. Configurar o módulo en Administrar > Configuración da páxina > Clone module.

4. Para clonar un contido hai que acceder ao contido e pinchar na solapa "Clonar". Con isto iremos ao formulario de creación/edición do novo contido xa con todos os campos cubertos cos valores do contido orixinal donde poderemos modificar aquelo que desexemos. Deberemos editar o título do novo contido, no que este módulo engade o prefixo "Clone of ".

Se se detecta calquera mal funcionamento deste módulo comunicádeo por favor a websdinamicas@edu.xunta.gal

 

Módulo "Send by email" desactivado

Debido a que se ten detectado a utlización de xeito masivo por parte de robots de internet da función de enviar por correo electrónico os contidos das webs dos centros, temos desactivado o módulo "Send by email" en tódalas webs do proxecto.

No caso de que no seu centro queiran seguir dispoñendo desta funcionalidade, poden activar de novo este módulo pero deben engadir un desafío CAPTCHA ao formulario de envío do contido por correo. Para facer isto último pódense seguir as seguintes instruccións: Engadir desafío CAPTCHA a un formulario.

Para calquera dúbida poden poñerse en contacto co seu asesor/a Abalar de zona ou no correo websdinámicas@edu.xunta.es

Activación do módulo Rexistro de contadores en Drupal

Instalouse no Drupal 6 de Webs Dinámicas unha nova versión (1.4) do módulo "AMTEGA - Webs Dinamicas: Rexistro de contadores".

Este módulo ten definidos unha serie de contadores sobre os rexistros da base de datos e uns umbrais absolutos e relativos para cada contador. Con cada execución do cron (diaria de xeito automático) actualízanse estes contadores e se algún ten un incremento respecto do seu valor anterior que supere algún dos seus umbrais, o módulo envía un correo a websdinamicas@edu.xunta.es avisando desa circunstancia.

Os contadores que ten definidos este módulo son os seguintes:

ContadorUmbral absolutoUmbral relativo
Usuarios na Aula Virtual Moodle con autenticación por correo electrónico 2510%
Usuarios na Web Drupal 2510%
Comentarios anónimos na Web Drupal 2510%
Contidos na Web Drupal 2510%
Usuarios na Galería Coppermine 2510%
Comentarios na Galería Coppermine 2510%

O obxectivo deste módulo é detectar o antes posible a creación masiva por parte de robots de internet das entidades correspondentes a eses contadores.

No día de hoxe (4/4/2018) vaise activar este módulo en tódolos sitios do proxecto Webs Dinámicas.

Correción da tradución ao Galego da palabra September

Para correxir a traducción ao Galego da palabra inglesa September, que está como Septembro no canto de Setembro, elaboramos as instrucións que se achegan.

Pregamos aos administradores da web de cada centro para que leven a cabo esta correción xa que non foi posible programar un proceso automático que fixera a correción en tódalas webs.

Para calquera dúbida poden poñerse en contacto con nos no correo websdinamicas@edu.xunta.es

Un saúdo e gracias.

Drupal 6: Nova documentación para editores

Revisouse a documentación que había para editores en Drupal 5 para adaptala en completala para o actual Drupal 6.

Especial mención ao tema 3 sobre a publicación de contidos multimedia que difiere de como o viñamos facendo ata o de agora.

Esta nova documentación está publicada neste curso da Aula Virtual Aberta do proxecto.

Instalado o módulo Node Convert en Drupal

Instalamos un novo módulo no Drupal de Webs Dinámicas, o módulo Node Convert.

Este módulo engade unha pestana (Convertir) ao formulario de visualización dun contido, que serve para cambiar o tipo do contido. Tamén permite definir plantillas de conversión que logo servirán para converter varios contidos a un tempo desde o formulario de administración do contido.

Despois da activación do módulo é preciso configurar os permisos en Xestión de usuarios, Permisos para poder utilizalo.

Maís información en https://www.drupal.org/project/node_convert

Inicio de sesión seguro en Webs Dinámicas

Na próximas datas, no proxecto Webs Dinámicas activaranse sistemas de seguridade para o envío seguro das contrasinais de usuario.

Non é preciso que o centro realice ningunha acción para activar estes sistemas. Unicamente se recomenda a instalación do certificado da Fábrica Nacional de Moneda e Timbre nos navegadores de internet.

Achégase un documento con información detallada que pregamos sexa enviado aos administradores da Web Dinámica do centro, e tamén ao coordinador TIC e ao resto do profesorado.

O certificado da FNMT pódese descargar nos seguintes enlaces:

Saúdos.

O equipo de Webs Dinámicas

AMTEGA

 

Distribuir contido


by Dr. Radut