Skip to Content

06-Enlaces primario e secundarios

Na ruta Administrar » Construcción da páxina » Menús » Opcións atopamonos como administrar os enlaces primarios e secundarios.

Que son enlaces primarios e secundarios.
Son aqueles enlaces que podemos colocar na banda superior da pantalla (xusto debaixo do logo en case todos os temas). Empregámoslos como enlaces externos e non como enlaces a documentos ou contidos da propia web. Dende a versión 5.X tamén se poden colocar como calquera outro bloque pero teñen unha disposición especial a de calquera outro menú creado

Nos empregamos os enlaces primarios como un menú de enlaces externos a Aula Virtual, Galerias ou WebQuest.

Empregamos os enlaces secundarios como un menú de enlaces externos a Contidos, Portal Edu e Correo Edu.

Son os únicos menús que non están feitos a base de categorías; é dicir, están feitos como menús e elementos de menús.

Na ruta indicada máis arriba, temos que indicar que:

Menú que contén ligazóns primarias: enlaces primarios

Menú que contén ligazóns secundarias:enlaces secundarias

Tal como vos resultará fácil adiviñar, tamén poderiamos facer que un menú creado mediante categorías aparecese como enlace primario ou enlace secundario, é dicir, na banda inferior ao logo, co simple feito de indicarlle que o Menú que contén ligazóns primarias= o menú da categoría que quero mostrar. É unha opción posible, pero que no recomendamos.



book | by Dr. Radut