Skip to Content

O bloque de novas deslizantes absorbe o resto da información da barra

Hai meses creei un bloque de novas deslizante que situei na parte superior da barra dereita. Funcionou perfectamente ata onte: de súpeto, ao introducir nel unha nova "absorbeu" os demais bloques desa barra, que aparecen polo tanto dentro do bloque "últimas novas" de xeito deslizante. Se vou baixando este bloque vai absorbendo todos os que figuren por baixo del polo que só consigo que funcione correctamente se o poño na posición final (como está agora). Pero a min interésame que estea arriba de todo, para que todo o mundo o poida ver nada máis abrir a páxina. Cal pode ser o problema?



forum | by Dr. Radut