Skip to Content

Contidos escangallados

Cando se crea un contido nunha categoría determinada, ese contido aparece cunha pinta estupenda. Cando se crea outro contido distinto na mesma categoría, escomeza a disposición de contidos anteriores "en escaleira", é dicir, non aparecen os contidos aliñados á esquerda, senón que parece que se tabulasen os contidos vellos cada vez que se crea un novo.

Todo isto pasa a raíz da migración de contidos; antes facía o que se lle dicía. Tal vez agora eu estea a facer algo mal.

Por certo, probei cambiando de plantilla e o problema segue igual. Tamén direi que non pasa ao engadir contidos en todas as categorías.

Exemplo: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmanuelrodriguezsinde/?q=category/1/...

Axuda!!! Alguén me pode botar unha man?

Grazas por adiantado.



forum | by Dr. Radut