Skip to Content

Coa última versión de Firefox non funciona "inserir imaxes" ó crear unha entrada en Drupal

Agora mesmo coa versión 3.6.10 de firefox se se intenta inserir unha imaxe empregando o icono que hai na caixa de texto, insírense en branco (vendo o código html non pasa o enderezo da imaxe), a razón parece estar na version de tinymce 2.0 que emprega o Drupal que estamos a empregar e que da problemas coa última versión de firefox. http://tinymce.moxiecode.com/punbb/viewtopic.php?pid=80188 Descoñezo se na multisite o erro tamén se produce, e como a solución non se pode facer xa que se cortou o acceso por ftp agora mesmo non se poden inserir imaxes empregando as últimas versións de firefox. En internet explorer e opera funciona todo correctamente.


forum | by Dr. Radut