Skip to Content

Só o administrador pode crear álbumes?

Na nosa galería temos creada unha serie de categorías, de xeito que dentro de cada unha de elas se vaian publicando en álbumes as imaxes. Como administrador non hai ningún problema en crear os álbumes que sexan necesarios, sen embargo calquera outro grupo (por exemplo profesorado) non é quen de crear un álbum dentro da categorías creadas, senon que as crea pero sen asignar a ningunha categoría creada, salvo a de albumes persoais. O citado grupo si pode subir sen problemas imaxes os álbumes creados, co cal o administrador se vería obligado a estar creando tantos álbumes como os mestres precisasen en cada momento de xeito que fosen accesibles, ou ben dar acceso como administrador a todos (o cal obviamente sería un alto risco de seguiridade para o sistema). Como alternativa cabería a opcción de que os usuarios do grupo profesorado, puideran crear os seus álbumes como persoais, e logo un administrador se encargara de "movelos" á categoría que correspondese, sen embargo tampouco fomos capaces facelo. ¿Coñecedes algunha solución para o que plantexamos? ¿como estades a enfocar o mantemento da galería de imaxes de existir as limitacións que acabo de comentar? Gracias


forum | by Dr. Radut