Skip to Content

Módulo IMCE

É un módulo moi interesante xa que permite engadir imaxes dende o ptocesador de textos Tinymce sen necesidade de empregar os módulos image_assist nin o image.

Engádelle unha propiedade á icona de imaxe do procesador (árbore verde) e ao premer nela podemos engadir unha imaxe mediante unha URL pero tamén aparece unha pequena icona que preméndo nela nos permite buscar directamente no noso ordenador e subir a imaxe para unha carpeta de usuario ou para unha común, segundo este configurado o IMCE.

Coma tódolos módulos, para que funcione ten que estar activado o cos permisos correspondentes para cada rol de usuario.

Non ten táboas para a base de datos

Insertar Flash:

Para insertar un arquivo Flash (.swf) mediante o botón de Flash que aparece no procesador de textos (IMCE) será necesario configurar previamente nas opcións do IMCE o tipo de arquivos soportados.

Para realizar esta acción seleccionaremos: Administrar > Configuración da páxina > IMCE settings > Non-image file support engadindo no cadro de texto o seguinte: .swf



book | by Dr. Radut