Curso 2010-2011

II Club de debate

O sábado 19 de febreiro celebrouse a fase preliminar do II Club de Debate, organizado pola Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra en colaboración cos EDNL dos centros de ensino secundario.

Participaron cinco equipos dos centros Colexio Salvador Moreno, IES A Xunqueira, IES Luís Seoane, IES Torrente Ballester e IES Valle Inclán debatendo sobre o tema "Deberíase alongar a vida dunha persoa mentres a técnica o permita?"

Pasaron á final os equipos do IES Luís Seoane e do IES Valle Inclán, formado por Matías Rodríguez Carmona (4º D), Pablo Corbillón Cabrera (4º D), Atenea Martínez Álvarez (1º Bach. D), Mª Luisa Meijón Corujo (1º Bach. A), Ánxel Carramal Fernández (1º Bach. A), Sofía González Ramos (1º Bach. A), Gracia Gómez-Ulla Castro-Rial (1º Bach. A) e Marta Rózpide Pazó (1º Bach. A). Nesta defenderon o tema "Deberían os gobernos promover os medios de comuniciación en galego?" e quedaron en 2º lugar. Noraboa a todos. Información en Faro de Vigo(máis fotos)


Felicitación

Queremos transmitirlle os nosos parabéns á exalumna Estrella Fariña Vázquez, que acadou un dos 19 Premios Extraordinarios de Bacharelato correspondentes ao curso 2009/2010 cunha cualificación de 26,2 puntos. Así mesmo o noso recoñecemento para Laura Moreira Bahamonde e Martín Igor Gómez-Randulfe Rodríguez, que ocuparon os postos 20º e 21º, empatados en puntuación (24,2) coa última galardoada, sen esquecernos de todos os demais que tamén participaron.


Excursión a Madrid

O alumnado de 2º Bacharelato foi de excursión a Madrid:

viron monumentos, museos, teatro...  (máis fotos) (30/12/2010)

Boas festas

 

O Equipo de Dinamización Lingüística e o Equipo Directivo do IES Valle Inclán

deséxanvos un bo Nadal e un feliz ano 2011

Xubilación de Mª Luisa

 

 

Despois de 12 anos de servizo no centro ( e outros 25 en Turismo!), xubilouse Mª Luisa Ante, a xefa de servizo administrativo. O pasado día 10 de decembro celebrámolo con ela compartindo un xantar para desexarlle sorte nesta nova etapa da súa vida e agradecerlle a súa entrega, dedicación e bo facer no IES Valle Inclán (máis fotos).  

Novidades

Desde a sección Alumnado > Taboleiro podedes acceder á páxina da CIUG, onde -entre outras moitas informacións- atoparedes indicacións sobre como é a proba de cada materia, exames de pasadas convocatorias coas súas respostas... (18/10/2010)

Na mesma sección figura o horario de clases de materias pendentes (21/10/2010)

Nas oficinas pódense recoller os títulos de ESO e Bacharelato do alumnado que rematou eses estudos no ano 2008. Debe acudir o interesado provisto do DNI (17/12/2010)

Quen colla o "Diario de Pontevedra" do día 21 de decembro de 2010 atopará na súa portada esta foto do noso alumno David Millán Sousa:Alegrámonos de que o suceso quedase nun susto (aínda que debeu ser forte) e desperfectos materiais, ao tempo que felicitamos a David polo seu heroico comportamento.

Eleccións ao Consello Escolar

Rematado o proceso electoral, publícase a acta de proclamación dos candidatos elixidos.

En "Organigrama > Consello escolar" pódese consultar a composición de todo o Consello Escolar.

Visita de Pepe Carreiro

 

 

O martes día 23 de novembro o debuxante Pepe Carreiro estivo de visita no noso centro para falarlle ao

alumnado de 1º de ESO de como ideou os Bolechas e outros personaxes. O público estivo moi interesado e

formulou moitas preguntas (máis fotos). 

Eleccións ao Consello Escolar

O mércores día 24 de novembro celébranse as eleccións ao Consello Escolar do centro.

A votación no sector de pais e nais terá lugar no Centro este mércores, día 24, entre as 18:00 e as 21:30.

Nos arquivos adxuntos figura toda a información sobre o proceso.

Carta do Director

Calendario

Censo definitivo de pais e nais

Impreso para a presentación de candidatura no sector de pais e nais (pode cubrirse en liña, imprimilo e presentalo no centro)

Impreso para a presentación de candidatura no sector de alumnado

Listaxe definitiva de candidatos

Avaliación de diagnóstico 2009

En arquivos adxuntos podedes consultar os resultados do noso centro na avaliación de diagnóstico efectuada durante o curso pasado. O terceiro arquivo é unha explicación para entender mellor o segundo.

Distribuir contido