Curso 2010-2011

ENCHÚFATE 2ª EDICIÓN

XVII SEMANA TEATRAL "Ben veñas, maio"

Como todos os anos, celebramos nos últimos días de abril a semana teatral con moito éxito

(pinchade para ver máis fotos do grupo Skene, máis fotosun pequeno vídeo, e outro vídeo do grupo Argallada)

Excursión a Italia

 
Nos días anteriores á Semana Santa, boa parte do alumnado de 1º de Bacharelato acompañado por cinco profesoras do centro realizou unha viaxe por Italia na que visitaron Venecia, Florencia, Roma e Bolonia. Viron moita arte, coñeceron fermosos lugares, pasárono moi ben e seguro que durmiron moi pouco. (máis fotos)

Actividades

O departamento de Bioloxía e Xeoloxía realizou diversas saídas educativas co alumnado de 1º, 2º e 4º de ESO.

1º da ESO participou nun programa do concello consistente na realización dun horto escolar, onde se lles explica cales son os fundamentos da agricultura ecolóxica e plantan leitugas, cabazas, allos porros, repolos, sementan millo, plantas aromáticas... utilizando abonos orgánicos. (máis fotos)

A actividade de 2º da ESO. tamén organizada polo Concello, consistiu nunha plantación de árbores coa intención de restaurar o bosque de ribeira que protexe o cauce do Río Rons en Cotobade, unha zona moi afectada pola vaga de lumes do 2006.  

A de 4º da ESO está dentro dun plan que se chama Monte Vivo, de reforestación dos montes comunais do entorno de Pontevedra, no que o departamento participa dende o primeiro ano. Estes alumnos plantaron as árbores en Xeve cando estaban en 2º e agora foron facer diversos coidados: eliminar invasivas (acacia negra), podar e curar feridas en árbores. Logo visitaron unha parcela moi degradada na que rapaces que están agora en 2º de Bacharelato sementaran landras no outono do 2006; como os cabalos salvaxes non os deixan crecer, aos carballos que brotaron estiveron poñéndolles unhas proteccións de malla, logo visitaron o que é o obxectivo destas salidas, unha carballeira madura, en bo estado de conservación en Bora. 

No pasado mes de febreiro o alumnado de Historia da Arte visitaron Santiago de Compostela para estudaren "in situ" a Catedral. Tamén foron ao Museo do Pobo Galego e a Santa Clara.

Felicitación

Os nosos parabéns á alumna Meryann Romero Espiña, que conseguiu un dos Premios da ESO ao esforzo e superación persoal. Lamentamos non dispoñer de foto xa que non puido desprazarse persoalmente a Santiago para asistir á entrega dos premios.

FUSFLES

SUMÉRGETE

PONTEVEDRA TIMES

LA GACETA DEL ESTUDIANTE

SIETE

APÚRATE

ACTUALÍZATE

EL PUENTE

ENCHÚFATE

Distribuir contido