Curso 2019-2020

INTERACTING: TEATRO INTERACTIVO EN INGLÉS PARA O ALUMNADO DE ESO

O pasado venres 17 de xaneiro o alumnado de Educación Secundaria Obrigatoria poido disfrutar e participar activamente dunha obra interactiva en Inglés adaptada a diferentes niveis da compañía Interacting no teatro Principal.

O alumnado de 1º e 2º de ESO asistiu á representación de  "A fisherman´s tale". O punto de partida da obra son dous homes pescando nunha embarcación; a partir de aí desenvolvense clichés das aventuras de piratas e continúa cunha historia emocionante que ten de fondo o amor, o perdón e a aventura.

O alumnado de 3º e 4º de ESO asistiu á representación da obra "Crime in Miami". Un detective despois de traballar na resolución de moitos casos, atópase na actualidade sen traballo. Alguén infórmalle de que un dos delincuentes máis buscados en Florida está preparando un golpe. Acción, crime e sedución son tres elementos dunha historia que permitirá ao noso detective en paro retomar a súa rutina.

Pincha na imaxe para ver fotos e algún vídeo da representación de "A fisherman´s tale".

 

A ALUMNA DE 2º DE BACHARELATO SABELA ESTÉVEZ COCHÓN ACADOU UNHA MENCIÓN DE HONRA NA OLIMPIADA MATEMÁTICA GALEGA

A alumna de 2º de Bacharelato Sabela Estévez Cochón acadou unha mención de honra na Olimpiada Matemática Galega que se celebrou na facultade de matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela e na que participaron 101 estudantes de Bacharelato de toda Galicia e na que estivo acompañada pola profesora de Matemáticas do Centro Teresa Insua.

 

ALUMNADO DE 4º DE ESO PARTICIPA NA XORNADA DE FORMACIÓN DO CLUB DE DEBATE 2020

Alumnado de 4º de ESO participou este venres 17 de xaneiro no Pazo da Cultura na xornada de formación do Club de Debate no que na súa fase clasificatoria estarán 8 equipos (2 do IES Valle Inclán, 2 do IES Sánchez Cantón, 1 do IES Luis Seoane, 1 do IES San Simón de Redondela, 1 do IES Mendiño de Redondela e 1 do IES Félix Muriel de Rianxo). O tema do debate será: "Podemos salvar o planeta" e o alumnado que intervendrá do noso Centro é: Athina Anasis, Íria Cabanelas, Manuel Carrascal, Martín Cernadas, Iván García, Carla Gómez e Yago Losada de 4ºESO B, José Antonio Escarda, Ángel Martínez, Manoel Mellid e Luna Morán de 4ºESO C e Javier Biempica, Mario González e Uxía Martínez de 4ºESO D. Pincha na imaxe para ver máis fotografías da actividade:

 

ENTREVISTA Á NOSA LECTORA DE INGLÉS BOONIE COOPER NO DIARIO DE PONTEVEDRA

Pincha na imaxe para ver a entrevista á lectora de Inglés do IES Valle Inclán e soprano Boonie Cooper, publicada no Diario de Pontevedra o luns 6 de xaneiro de 2020.

 

IRENE TEIJEIRA, UNHA WATERPOLISTA DE PRIMEIRA

Aquí tedes o artigo publicado no Diario de Pontevedra sobre a alumna de 1º de Bacharelato Irene Esteban Teijeira.

 

O CORO VERBUM OFRECE UN CONCERTO DE NADAL

Pincha na seguinte imaxe para reproducir un vídeo da actuación e na última para ver máis fotografías.

 

BO NADAL E FELIZ ANO NOVO

O IES Valle Inclán deséxalle un bo Nadal e un feliz ano novo a toda a comunidade educativa.

A postal é da alumna de 2º de Bacharelato  Irene Rodríguez Ríos gañadora do 1º premio do Concurso de postais de Nadal.

CONCERTO DE NADAL IES VALLE INCLÁN

Este venres 11 de Decembro o coro verbum de alumnado de 3º de ESO do IES Valle Inclán, dirixido pola profesora de Música María de los Santos e acompañado ao piano pola profesora de Matemáticas Laura García e o Violonchelo pola profesora de Inglés Cristina Presas, deleitounos cun marabilloso concerto de Nadal nas escaleiras do Centro. Pincha na imaxe para ver todas as fotografías.

 

ENTREGA DE PREMIOS DO VII CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL IES VALLE INCLÁN

Este venres 20 de decembro, a directora do Centro Pilar Freitas entregou os premios aos gañadores do VII Concurso de Postais de Nadal do IES Valle Inclán. Pincha na imaxe para ver todas as fotografías.

 

VII CONCURSO DE FELICITACIÓNS DE NADAL IES VALLE INCLÁN

MONTAXE DE CÚPULAS AUTOPORTANTES POR ALUMNADO DE 1º E 2º DE ESO

Esta semana os alumnos de 1º e 2º de ESO estiveron montando no patio interior do Centro diferentes cúpulas autoportantes, é dicir, estruturas que se manteñen unidas e en pe grazas única e exclusivamente ao seu propio peso e á acción da gravidade. Estas cúpulas, baséanse no deseño inicial do xenio do Renacemento Leonardo da Vinci.

Esta actividade organizada, polo Departamento de Matemáticas, foi posible grazas á colaboración do IES Mestre Landín de Marín, que nos prestou as pezas de madeira necesarias para a súa formación.

Pincha na seguinte ligazón para aprender máis guía didáctica leonardome e na imaxe para ver máis fotografías.

TEXTOS IV CERTAME DE RELATOS VALLE-INCLÁN

A continuación podedes disfrutar da lectura dos textos dos gañadores do IV Certame de relatos Valle-Inclán ordenados por categorías (A:1º-2ºBach, B:3º-4ºESO, C:1º-2ºESO) e modalidades (galego e castelán).

 

 

 

 

 

CONFERENCIA DE MARÍA SOLAR (AUTORA DA NOVELA "OS NENOS DA VARÍOLA") PARA O ALUMNADO DE 4º DE ESO

Este luns 16 de decembro o alumnado de 4º de ESO asistiu a unha conferencia no paraninfo do IES Sánchez Cantón da escritora María Solar autora do libro "Os nenos da varíola", no que narra a aventura dun grupo de nenos para levar a vacina da varíola a América. Pincha na segunda imaxe para ter máis información do libro.

 

ESCOLA EMBAIXADORA DO PARLAMENTO EUROPEO CELEBRACIÓN DO DÍA MUNDIAL DO VOLUNTARIADO

O pasado venres 13 de decembro dentro do marco do programa de Escola Embaixadora do Parlamento Europeo celebrouse o día mundial do voluntariado cunha dinámica no patio interior do Centro de Ticket2europe.

 

AS ALUMNAS DE 1º DE BACHARELATO BEATRIZ GARCÍA GALLEGO E CANDELA RODRÍGUEZ BESADA GAÑADORAS DO 1ºCERTAME DE MICRORRELATOS "BOLBORETAS"

As alumnas de 1º de Bacharelato Beatriz García Gallego (1º Premio) e Candela Rodríguez Besada (2ºPremio) son as gañadoras do I Certame de Microrrelatos "Bolboretas" organizado polo Equipo da Biblioteca e o de Dinamización Lingüística do Centro. O pasado xoves 5 de decembro recibiron os seus premios de mans da Xefa de Departamento de Língua Galega Charo Valcárcel. Na parte inferior tedes os microrrelatos premiados.

  

 

Distribuir contido