Curso 2019-2020

AGRADECEMENTO DO INSTITUTO DE INVESTIGACIÓNS MARIÑAS DA UNIVERSIDADE DE VIGO POLA PARTICIPACIÓN DO ALUMNADO DO IES VALLE INCLÁN NO DESAFÍO ESCOLA AZUL

Escribímosvos de novo dende o Instituto de Investigacións Mariñas para agradecervos, da nosa parte e de parte da Direção-Geral de Política do Mar de Portugal, a vosa participación no Desafío Escola Azul, do día 19 de maio.

Queremos compartir con vós un enlace ao vídeo no que aparecen os vosos traballos. O vídeo e un pouco longo pero nel podedes desfrutar doutras aportacións de alumnos e alumnas de Portugal.

As aportacións galegas aparecen nos minutos 2:17, 3:16 e 7:28.

Moitas grazas e muito obrigado!

Aquí tedes o vídeo no que participou o alumno Javier Carballal Morgade. 

CARREIRA SOLIDARIA A PROL DE MALAYAKA HOUSE DE UGANDA

A Escola Embaixadora do Parlamento Europeo organiza unha carreira solidaria a prol da organización Malakaya House, pica na imaxe para ver toda a información:

O ALUMNO JAVIER CARBALLAL MORGADE FOI SELECCIONADO PARA PARTICIPAR NO VÍDEO INSTITUCIONAL DO EVENTO INTERNACIONAL VIRTUAL OCEAN LITERACY SUMMIT DE LISBOA

Noraboa ao alumno de 4º de ESO Javier Carballal Morgade, diseñou esta imaxe que foi seleccionada para participar no vídeo institucional do evento internacional virtual ocean literacy summit que terá lugar o 8 de xuño, día internacional dos oceános. Pica na imaxe para ter máis información da noticia.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2020: RICARDO CARBALLO CALERO

EXPOSICIÓN VIRTUAL PARA COÑECER A VIDA E OBRA DE 

RICARDO CARVALHO CALERO (PICA NA IMAXE PARA VER A ANIMACIÓN)

 

A Real Academia Galega dedica o Día das Letras Galegas de 2020 a Ricardo Carballo Calero (Ferrol, 1910 – Santiago de Compostela, 1990), que dende o ano 1981 asinou as súas obras e escritos como Carvalho Calero.

O Pleno da institución acordou en sesión ordinaria homenaxealo o 17 de maio do ano que vén, cadrando cos 110 anos do seu nacemento e os 30 anos do seu pasamento. O profesor ferrolán, unha das figuras máis relevantes da cultura galega da segunda metade do século XX, desenvolveu unha traxectoria vital fondamente vencellada á historia do galeguismo no pasado século XX: foi na mocidade membro do Seminario de Estudos Galegos e colaborador da revista Nós, participou na redacción do Estatuto de Autonomía de 1936 e, xa no exilio interior, implicouse activamente nas estratexias de recuperación do idioma propio. Membro da Real Academia Galega, destacou tanto no ámbito da creación literaria como na crítica e na investigación filolóxica, converténdose en 1972 no primeiro catedrático de Lingua e Literatura Galegas.

Na web Carvalho Calero 2020, impulsada por Agal en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística ofrécese cumprida información sobre a biografía e obra do autor, homenaxeado neste 2020.

 

ESTAMOS Á ESPERA DE QUE CHEGUEN AS INSTRUCIÓNS SOBRE A VOLTA A CLASE

Pica na imaxe para ver o artigo publicado na edición dixital da Voz de Galicia

PAIXASES DO CONFINAMENTO: DEBUXADOS POLO ALUMNADO DE 1º DE BACHARELATO DE DEBUXO ARTÍSTICO

Exposición do alumnado de debuxo artístico: As paisaxes do confinamento

NOELIA REY 2ª EN BAILE DEPORTIVO (CATEGORÍA YOUTH FEMININO) NO CAMPIONATO ON LINE ORGANIZADO POLA FEDERACIÓN ESPAÑOLA DE BAILE

A Federación Española de Baile Deportivo organizou unha competición on-line con todas as garantías de xuíces nacionais e internacionais. A nosa alumna de 2º de Bacharelato Noelia Rey acadou o segundo posto na categoría youth feminino. Noraboa Noelia.

 

O COLECTIVO REI ZENTOLO COMPARTE CONNOSCO ESTAS IMAXES MOTIVADORAS DURANTE A CORENTENA

Este colectivo comparte distintos deseños, sen ánimo de lucro, nas redes sociais durante o confinamento.

Entre os deseños que compartiu Rei Zentolo este protagonizado por un maio que é unha homenaxe a Manuel Moldes (foi alumno do Centro). A imaxe pintouse orixinalmente para a portada do disco ‘Aí vén o maio’, de Luís Emilio Batallán “Moldes dicía que os maios eran o noso tótem vexetal. Sempre me impactou moito ese debuxo”. Pablo Zentolo recreou este maio de Moldes e ao seu arredor escribiu: “Quen roubou abril non leve o maio”.

Pablo Zentolo un dos rapaces de Pontevedra ( xunto con Salvador Vázquez) que está detrás da marca Rei Zentolo compartiu estes traballos nas últimas semanas nas súas redes sociais. "Son pezas sen pretensións, que non comercializaremos. Só foi unha maneira de darlle saída á creatividade estes días, con bo humor e con chiscadelas á cultura galega". Disfrutade das imaxes.

 

9 DE MAIO DÍA DE EUROPA: PROPOSTAS DO ALUMNADO PRESENTADAS NO CONCURSO EU AMO UE

Aquí tedes algunhas das propostas do noso alumnado presentadas ao concurso eu amo ue para conmemorar o 9 de maio día de Europa.

Flashmob de 80 alumn@s:

 

Videoxogo para android de Javier Carballal, Paula García, Ángela Silva e Sara Alfaya

 

 Debuxo de Aplauso europeo de Ath¡na Anassis

 

 Debuxos de Irene Rodríguez Ríos

Receita de galletas de manteiga de Yaiza Carballa

 

Receita de galletas de avena de Lola Gómez

 

PLAN PROXECTA: DISFRUTADE DOS PLATOS DOS NOSO ALUMNADO, AGORA RECEITAS CON PRODUTOS DO MAR E BOCATAS SAUDABLES

No marco do plan proxecta cos programas o sabor da aventura está no mar e ponlle as pilas ao teu bocata, o noso alumnado comparte con nos estas marabillosas receitas. Pica nas imaxes:

O sabor da aventura está no mar

Ponlle as pilas ao teu bocata

 

A ALUMNA DE 1º DE BACHARELATO MARIÑA PAZ ELABORA A MELODÍA E COORDINA A CANCIÓN "MAÑÁ", O HIMNO DE RECUPERACIÓN DA CIDADE

A alumna de 1º de Bacharelato e vocalista dos "furious monkey house" elaborou a melodía e coordinou a canción "mañá", unha fermosa canción que seguro convertirase no himno de recuperación da cidade.

Pincha na imaxe para ver o artigo publicado en "Pontevedra Viva" e abaixo tedes o vídeo para que poidades disfrutar da canción.

 

CATRO ALUMNAS PREMIADAS NO CERTAME BEN VEÑAS, MAIO 2020

Catro alumnas do IES Valle-Inclán resultaron premiadas en diferentes certames do Ben veñas, maio 2020 convocado pola concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra.

 As alumnas premiadas do noso centro son:

  •  Sheila Justo Cabaleiro de 4º ESO B resultou recoñecida cun segundo premio da categoría B no XIX Certame de poesía pola súa obra Son Penélope.

 

  •  Cristina de Castro Gómez de 4º ESO A recibiu un segundo premio da categoría B no XXVII Certame de narración curta pola súa obra A bufanda de cores.

  

  • ·Claudia Rivero Pérez de 4º ESO A acadou o segundo premio do IV Certame de curtametraxes coa súa obra: Máscara. Pica na imaxe para ver o vídeo.

 

  • ·Andrea Vieira Fariña de 4º ESO C recibiu o terceiro premio do II Certame vídeo-clip musical, pola súa obra Benvido ao paraíso. Pica na imaxe para ver o vídeo.

 

    A todas elas parabéns de toda a comunidade educativa e especialmente dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, cando a situación o permita farase a entrega dos diplomas e agasallos do certame.

 

 

A ÚLTIMA SIMPLIFICACIÓN DA ABAU QUITOUNOS UN PESO DE ENCIMA

Pica na imaxe para ver a testemuña de dúas alumnas de 2º de Bacharelato do IES Valle Inclán: Sabela Rodríguez Ríos e Laura Vázquez Vázquez sobre o final de curso publicada na Voz de Galicia.

Distribuir contido