Curso 2015-2016
BEGOÑA FERRER, VIRGINIA MARESCOT E CANDELA SEOANE GAÑADORAS DO CONCURSO DE CLIPMETRAXE DE MANOS UNIDAS
Enviado por fernandoe o Mér, 13/04/2016 - 06:09VIAXE A ITALIA DE 1º DE BACHARELATO
Enviado por fernandoe o Lun, 11/04/2016 - 19:22Como é habitual o alumnado de 1º de bacharelato vén de realizar a súa excursión por Italia. Estiveron en Roma, Siena, Pisa, Florencia, Bolonia, Venecia e Verona.
En Roma visitaron o Panteón de Agripa, Coliseo, S. Pietro in Vincoli, Basílica de S. Pedro e museos Vaticanos, Sta. María do Popolo e Fontana di Trevi. Gozaron das prazas da República, Navona, España, Venecia, Popolo e dos Foros Imperiais, Castell Sant' Angelo, Quirinale, Arco de Constantino, Capitolio e das vistas dende os xardíns do Pincio.
En Siena viron a súa catedral e a Praza do Campo, ademais do Palacio Chigi e a Loggia do mercado.
En Pisa o conxunto monumental: Duomo, Campanille e e Battisterio.
En Florencia admiraron o David de Miguel Anxo xunto co Duomo, praza da Signoria, Ponte Vecchio, ademais de gozar das súas rúas, mercados e prazas.
En Bolonia, visitaron o Archigimnasio, antiga Universidade e hoxe Biblioteca Municipal.
En Venecia admiraron os seus Palacios dende o Gran Canal e, por suposto a Praza de S. Marcos, Ponte dos Suspiros e Rialto.
O último día visitaron a cidade de Verona e poideron imaxinar a escea entre Romeo e Xulieta baixo o célebre balcón da casa da namorada.
Ademais de toda esta arte relacionáronse con todos os seus compañeiros e disfrutaron ao longo destes días que ben seguro non esquecerán nunca. Pincha na imaxe para ver todas as fotografías.
Uxía Ogea Costas de 1º de Bacharelato medalla de ouro con España no Open de Bélxica de Taekwondo
Enviado por fernandoe o Mar, 05/04/2016 - 18:38JULIA BAENA E ELBA GARCÍA DE 2º DE BACHARELATO ÚNICAS SELECCIONADAS DO CONCELLO PARA VIVIR A RUTA QUETZAL
Enviado por fernandoe o Mar, 05/04/2016 - 06:25Pincha na imaxe para ver o artigo publicado na edición online da Voz de Galicia o martes 5 de abril de 2016 ou no texto para ver a edición impresa.
A PROFESORA DE EDUCACIÓN FÍSICA ANA SANTOS SOLLA OBTÉN DÚAS MEDALLAS DE PRATA E UNHA DE BRONCE NOS CAMPIONATOS DE ESPAÑA DE VETERÁNS
Enviado por fernandoe o Dom, 20/03/2016 - 19:05A profesora de Educación Física Ana Santos Solla obtivo dúas medallas de prata nos 60 metros valados e 200 metros lisos e unha medalla de bronce nos 60 metros lisos nos campionatos de España de atletismo de veteráns celebrados este fin de semana en Antequera. Noraboa profe.
COREOGRAFÍAS FINAIS PROXECTO ETWINNING
Enviado por fernandoe o Dom, 13/03/2016 - 19:14Aquí tedes a revista coas coreografías finais de 4º de ESO A, participantes no proxecto europeo Etwinning que este ano optan ao premio europeo.
Magazine créé avec Madmagz.
MAGNÍFICO RESULTADO NA II OLIMPÍADA DE XEOGRAFÍA DE GALICIA: A ALUMNA MARTA ARZÚA GONZÁLEZ SEGUNDO PREMIO INDIVIDUAL E O IES VALLE INCLÁN TERCEIRA MELLOR NOTA DE CENTROS DE GALICIA
Enviado por fernandoe o Lun, 07/03/2016 - 12:01Este venres, 4 de marzo, cinco alumnos de 2º Bacharelato do noso Centro: Marta Arzúa González, Laura Bemposta Iglesias, Luis Estévez López, Nerea Fernández Calviño e Paula Varela Fernández, participaron, na II Olimpíada Xeográfica de Galicia. Marta Arzúa González obtivo o segundo premio quedando clasificada para a fase estatal que terá lugar en Salamanca os vindeiros 15, 16 e 17 de abril. Como Instituto obtivemos a terceira mellor nota de grupo de Galicia. Noraboa a todos eles.
Pincha no texto (edición impresa) ou na primeira imaxe (edición na web) para ver o artigo publicado na Voz de Galicia o mércores 9 de marzo.
VIDEO DE CANDELA SEOANE, VIRGINIA MARESCOT E BEGOÑA FERRER DE 1º ESO A "PLÁNTALE CARA AL HAMBRE"
Enviado por fernandoe o Xov, 25/02/2016 - 20:34DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO
Enviado por fernandoe o Mér, 24/02/2016 - 06:32Hoxe, 24 de febreiro de 2016, con motivo do día de Rosalía de Castro (data de nacemento da escritora) os alumnos Guillermo Meijón de 1º Bacharelato A, Beatriz Pais e María Paz de 1º de Bacharelato C leen poemas de Cantares Galegos nunha actividade organizada pola Biblioteca e o Departamento de Lingua Galega.
CLUB DE DEBATE 2016
Enviado por fernandoe o Mar, 23/02/2016 - 20:15O pasado sábado 20 de febreiro ao longo de todo o día, tivo lugar no Pazo da Cultura a primeira fase do Club de Debate no que participaron sete equipos, en total 62 estudantes de 3º e 4º de ESO e 1º de Bacharelato dos IES Luis Seoane, Valle Inclán, Nº 1 do Carballiño, Poio, Ponte Caldelas e do IES Sánchez Cantón, que inscribiu dous equipos.
Cada equipo participou en dous debates; nun defenderon argumentos a favor e noutro argumentos en contra do tema Nacer muller é vivir en desigualdade. O noso Centro estivo representado polos alumnos/as: Beatriz Pais de 1ºBach C, Sarah Vidal e Rubén Vázquez de 1ºBach E, Nahiomy Núñez de 3º ESO B e Elena Corbillón, Paula Hermida, Laura de Sousa e Lucía Piña de 3º ESO D. Todos coincidiron en valorar esta actividade como moi positiva tanto dende o punto de vista formativo como de convivencia. Darlle a noraboa aos centros do Nº 1 do Carballiño e o Luís Seoane que se clasificaron para a seguinte fase. Na seguinte presentación tedes alguhas fotografías da xornada.
Club de debate by Slidely Slideshow
ACTIVIDADES NO MONTE 2ºESO
Enviado por fernandoe o Mar, 23/02/2016 - 09:31Dende o 16 ata o 19 de febreiro (1 mañá para cada grupo) o alumnado de 2º de ESO realizou unha saída ao monte con dous obxectivos, o estudo dunha carballeira madura, onde se atoparon como curiosidades un exemplar de esgonzo, unha cobra con patas, e un niño de carriza. O outro obxectivo é a colaboración na reforestación dun monte degradado polos incendios forestais no que o Centro leva xa 9 anos plantando árbores para acadar a súa recuperación. A actividade desenvolvese grazas á colaboración do Concello que proporciona o transporte e a asistencia de monitores, e da Mancomunidade de Montes Veciñais de Pontevedra, coa que está asinado un acordo de colaboración para plantar nos seus montes e proporciona as árbores necesarias. Na seguinte presentación están algunhas fotografías da saída.
MANS QUE CONSTRUIRÁN ROBOTS
Enviado por fernandoe o Dom, 21/02/2016 - 18:42O ALUMNO PABLO TOJAL CLASIFICADO PARA O CAMPIONATO DE ESPAÑA CADETE DE ATLETISMO
Enviado por fernandoe o Dom, 21/02/2016 - 18:32VISITA DOS CENTROS ADSCRITOS
Enviado por fernandoe o Dom, 21/02/2016 - 18:06Estes días recibimos a visita do alumnado de 6º de Primaria dos centros adscritos ao IES Valle Inclán: CEIP Álvarez Limeses, CEIP Barcelos e CPR San José, agardámalos para o vindeiro curso 2016-2017 coas portas abertas.
AS ALUMNAS IRENE ESTEBÁN E MARIÑA PAZ, GUITARRA E VOZ DO GRUPO FURIOUS MONKEY HOUSE
Enviado por fernandoe o Ven, 12/02/2016 - 12:55As alumnas Irene Esteban Teijeira de 1ºESO C e Mariña Paz Otero de 1ºESO B son respectivamente a guitarra e a voz do grupo Furious Monkey House. Que é Furious Monkey House? unha banda de rock de moda composta por uns rapaces de arredor de 13 anos. O que comenzou cunha actividade extraescolar de música no CEIP Barcelos impartida por un profesor de música Gonzalo Maceira (o mono) e a ilusión de gravar unha maqueta, acaba de concretarse coa publicación do seu primeiro disco, run, gravado en parte nos estudos Abbey Road en Londres. Mañá, sábado 13 de febreiro actúan no teatro Lara en Madrid dentro do 40 aniversario do xornal El País e o seu seguinte concerto será o venres 4 de marzo na Coruña as 20:30 horas no teatro Colón. Nas seguintes ligazóns e vídeos poderedes coñecelos un pouco máis.
Páxina oficial do grupo Furious Monkey House