O sol de verán, de Carlos Casares

Ana Mª Rosendo Piñeiro, 2º Bacharelato Adultos

Este libro é moi recomendable por moitos motivos, entre eles, debido a que grazas ao seu sinxelo vocabulario é moi fácil de ler e de comprender, que como xa dixen noutras ocasións é moi importante para min, porque de non ser así tardaría moito máis tempo en lelo, sobre todo porque está composto de 242 páxinas que á súa vez se dividen en nove capítulos.

Outro motivo polo cal me gustou é porque se trata dunha novela moi sentimental e con moitos recordos de Helena e Carlos. E iso encántame.

A pena desta historia é que Helena e Carlos deberon de demostrar moito tempo antes os seus sentimentos e non esperar tanto, xa que era algo tan evidente.

Pero un dos defectos que contén esta historia é que cando a comecei foime un pouco aburrida debido a que practicamente se dedicaba a recordar as lembranzas de cando eran nenos. Pero o positivo disto é que permite coñecer moito máis a fondo os personaxes.

O outro defecto é que cando Helena vai narrando os seus recordos, algúns déixaos amedias, sen saber o que acontece e deixando a unha coa intriga. Pero coma sempre, conforme se vai avanzando na lectura descóbrense moitas cousas, como por exemplo o que pasou en Venecia entre Carlos e Amparo, e o que aconteceu entre Leopoldo e Carmen.

O malo é que a maior intriga queda sen resolver.