Os dados do reloxeiro, de Xurxo Mariño

Mario González Lorenzo, 2º Adultos

Non me convencía a súa lectura, pero aproveitei que estaba para descargar gratuíto e levei unha moi grata impresión, son unha serie de reflexións do autor sobre varios temas científicos dunha forma moi amena (con dúas páxinas ou 3 por cada opinión-reflexión e algunhas ao final teñen a súa respectiva ilustración cómica dun estilo propiamente galego).

Alternan temas interesantes e outros temas de menor interese, pero a maioría son realmente interesantes e algúns ata chocantes (sobre todo o do beneficio dos incendios forestais).

En definitiva: unha grata lectura totalmente recomendable.