As humanas proporcións, de Xesús Constela

Beatriz Rodríguez Parada, 2º Adultos

As humanas proporcións é un libro de relatos de Xesús Constela. Consta de doce relatos curtiños, con historias diferentes e independentes entre elas. É un libro sinxelo de ler e entender, dado que non emprega un vocabulario complexo e é bastante actual. O autor fusiona algúns aspectos desmoralizadores da vida, como pode ser a morte, con ingredientes imaxinativos, que son os que fan que as historias sexan entretidas e o segredo de que o libro guste.
A meirande parte dos relatos afondan no máis fondo dos sentimentos humanos xa que fan recapacitar ao lector sobre se o mundo no que vivimos é realmente o máis apropiado.
Pódese comentar que no relato de "Non escoites a Giovanna" asombra a maneira coa que plasma a culpabilidade oculta, da que moitas veces nos esquecemos ou descoñecemos, no cadro que pintou Van Eyck. O escritor apórtalle “corpo” á historia e dálle o suspense suficiente para manter ao lector durante todo o texto.