Casas baratas, de Antón Riveiro Coello

 Ana María Rosendo. 2º Bacharelato Adultos

Este libro está composto por 16 relatos, uns cómicos e outros tráxicos, ambientados na infancia e adolescencia de Antón no barrio das Casas Baratas de Xinzo de Limia nos últimos anos do franquismo.

A verdade é que cando comecei a ler o libro non o fixen con moitas ganas, debido a que ao dividirse en diferentes relatos pensei que sería aburrido e me custaría entendelo. Pero conforme o fun lendo pouco a pouco cada capítulo comprendín que aínda que cada un non gardara relación cos outros, xa que eran historias diferentes, si tiñan en común que contaban un pouco da vida de Antón e das persoas que o rodeaban.

De todos os relatos o que máis me chamou a atención por diferentes motivos, pero sobre todo pola súa tristeza foi “O lobo branco”, outro que me chamou a atención foi “A ollada de Miguel”, que me quedaría coa frase de ”Ai, Antón, se a vises cos meus ollos”, e dos máis cómicos para min foi “As bolboretas de cupido”.

E para rematar, pareceume un libro fácil de ler e de comprender xa que non conta cun vocabulario difícil e non ten saltos no tempo que o faga máis complicado, polo tanto é moi recomendable.

Alejandro Méndez Rodríguez. 2º Adultos

É un libro no cal un narrador protagonista a través de pequenos contos autobiográficos, relátanos a súa infancia, localizada en Xinzo de Limia en plena ditadura.

O protagonista Antón (mesmo nome que o autor do libro, por iso digo o de autobiográfico), vai descubrindo o amor, o sexo, aventuras ..., tendo case todos os relatos unha característica que os define: un toque de humor (As cinsas do señor  Medardo), tristeza (Lobo branco), inxenio (A bicicleta do contrabandista).

Persoalmente pareceume un libro moi sinxelo de ler xa que ao ser pequenos os capítulos fanse todos moi amenos, aínda que o que máis me gustou foi o de "As cinsas do señor Medardo" e tamén o de "A bicicleta do contrabandista", é un libro recomendable a todo o mundo.

Beatriz Sánchez García. 2°bacharelato.Adultos.

Este libro fálanos dos acontecementos que lle van sucedendo a un neno que se chama Antón. Cóntanos en pequenos relatos a súa vida en casas baratas, que é o barrio onde vive cos seus pais...

Persoalmente gústoume moito, é un libro moi entretido, non te aburres con el xa que cada un dos relatos fala dunha cousa diferente... ademais é moi fácil de ler.

Houbo algúns relatos que me chamaron máis a atención que outros, coma por exemplo ''O pintor de pompas'' e ''O lobo branco''...E outros que me deixaron indiferente como ''Franco é morto''.