Mutacións xenéticas, de Fina Casalderrey

Telmo Costa Carballo 1ºA ESO

Doulle un 7 porque estivo bastante ben mais foi, ás veces, un pouco aburrido.

O máis interesante foi ver como manipulaba os xenes facendo que os animais acataran as súas normas.

O máis divertido foi ver como facían os animais todo o que querían Hadrián e Manuel.

O que aprendín foi que a manipulación dos xenes pode facer tanto marabillas como desgrazas nos seres vivos.

Ángela. 1ºA.

Este libro gustoume moito, eu poñeríalle un 8'5 como pouco. Pareceume moi interesante o proxecto no que está a traballar o científico Manuel García Oliveira e tamén os capítulos do secuestro do científico, cando Hadrián vai rescatalo. Pareceume moi divertido o personaxe de Hadrián e algunhas situacións que vive, por exemplo cando non quere ir a Fisterra e fala cos seus pais ou cando esperta no refuxio de seu avó e comeza a investigar. Una das cousas que más me gustou deste libro foi que o protagonista fose un neno da miña idade aproximadamente, pois aínda que algunhas partes da historia son irreais, ese personaxe axúdache a pensar que che podería ocorrer.

Con este libro aprendín moitas cosas, unha delas é que a ciencia é moi divertida, e que ás veces, cando menos o esperas, pódenche ocorrer cousas emocionantes e divertidas.

Carlos Ben 1ºESO A

A este libro poríalle un 9, xa que foi moi entretido e interesante.

Para min, o máis interesante de todo foi todo o que o protagonista fixo para rescatar o seu avó. Foi moi divertida e curiosa a parte na que Hadrián, o protagonista, tivo moito medo ó ver que o perseguían unhas serpes.

Con este libro aprendín que a xente oculta moito da súa vida e que as persoas non son quen ou como pensamos.

Un diálogo no libro

-A ti non che parece, poño por caso, que os cans sempre foron así?

-Si, claro.

-Pois non. Hai milleiros de anos éranche ben diferentes, non só na apariencia senón tamén no comportamento. Asemade, os nosos devanceiros tiñan a intelixencia menos desenvolvida e diferente apariencia física ca nós.