Ollos de auga, de Domingo Villar

Ana Rosendo Piñeiro. 2º Bacharelato Adultos

Este libro conta a historia que realiza o policía Leo Caldas co seu compañeiro Rafael Estévez, intentando esclarecer o asasinato de Lois Reigosa, un saxofonista.

A verdade é que teño moi claro que un dos mellores escritores para min é Domingo Villar debido a que aínda que só lin dous libros del, os dous gustáronme moito.

Neste libro, igual que no de “A praia dos afogados” comeza contando una historia que dende o primeiro capítulo engancha, debido a que se conta un pouco a vida de Leo e atópase o cadáver con todo o que se relaciona. Pero sobretodo as notas de humor que sen querer se producen con Rafael.

O único defecto que lle atopo ao libro é poder saber máis da historia que hai ou que houbo entre Leo e Alba porque só a menciona, dando a entender que xa non están xuntos pero non se aclara o porqué.