O crepúsculo e as formigas, de X. L. Méndez Ferrín

Carla Santiago Do Rosario (2ºBac C nocturno)

   O CREPUSCULO E AS FORMIGAS é unha obra curta, formada por once relatos breves.

    X.L.Méndez Ferrín o que conta en cada un dos diferentes relatos son historias de diferentes personaxes pero que cada un deles comparten algo en común.

   Pódese dicir que cada un deles son relatos de terror posto que todos teñen un final tráxico.

   Por último teño que dicir que esta obra non foi moito do meu agrado, é entretida pero todo se centra nun mesmo tema, que é a morte.

  

Paula Ventín Méndez, 2ºBacharelato D Adultos

"O crepúsculo e as formigas" está conformado por varios relatos que parecen diferentes entre si. E digo "que parecen" porque, aínda que sexa moi disimuladamente, todos eles teñen semellanzas. Quizáis sexa iso o máis interesante de todo o libro, buscar a conexión entre todas as historias que nos conta, xa que fai dun libro aparentemente formado por relatos curtos sen máis, unha serie de historias que todas en conxunto fan un estudo sobre a natureza humana. Todos os relatos conteñen violencia verbal ou física e están moi relacionados coa morte, a incomprensión, a loucura e a incomunicación. Pódense ver outras semellanzas (non entre todos os textos, pero si entre varios deles) como as mortes ridículas ("A cabeza fendida", "Unha chinche no teito"), a fixación polas pernas ("Dúas cartas a Lou" ou Eusebia Cons en "Diario") e a continua aparición de homes tumbados ("A casa azul", "A cabeza fendida", "Dúas cartas a Lou"). Poden parecer detalles absurdos, pero o feito é que me chamaron moito a atención. O libro gustoume bastante, uns relatos máis ca outros, como é o caso de "A casa azul" que non me gustou moito, xa que lle vin pouco sentido e interese. Por outra parte ten relatos que fan pensar na visión do autor sobre a humanidade como unha fila de formigas pequenas que só seguen un camiño recto, nunha mesma dirección. É un libro moi recomendable e que conta cunha lectura lixeira e agradable.

Montserrat Esperón Iglesias 2C Adultos

Atopámonos ante un libro de relatos, a maioría curtos aínda que tamén hai outros máis estensos. O libro gustoume, os relatos son entretidos aínda que ningún ten final feliz, todos están relacionados coa morte, son relatos escuros nos que o protagonista mostra os seus medos e inquedanzas e nos que conta a súa propia historia.