Skip to Content

O meu amigo Xosé Tomás

Do que se ten que enterar un polos canais erreseses. Xosé Tomás, que non para, chega máis aló do que pensabamos. Para que logo digan das linguas. Non son as linguas estas ou aquelas, é o traballo ben feito o que che fai medrar. Xosé Tomás é un bo exemplo de que para ter éxito o mellor é facer o que a un máis lle gusta. Os que o víamos facer debuxos de todo o que lle poñía diante, mesmo durante os claustros, no tempo de lecer ou larpeirando no churrasquiño, xa sabiamos que era un artista, pero teño que recoñecer que si me din que ía saír nunha revista de ilustración oriental, de certo que tería problemas para desatascar o crioulo da gorza do aire.

 A revista taiwanesa de ilustración e deseño DPI Magazine vén de publicar no seu número de marzo
unha ampla reportaxe sobre Xosé Tomás

Xosé Tomás


blog | by Dr. Radut