Skip to Content

Dipity, liñas de tempo interactivas

Dípity é un sitio ó máis puro estilo 2.0. Ofrece unha ampla base de datos con liñas de tempo sobre diversas temáticas listas para consultar. Pero o mellor é que permítenos crear as nosas propias liñas cronolóxicas, ben editando directamente no sitio ou importando as actualizacións de diversas fontes personais como twitter, facebook, fontes RSS, flickr, etc.

A visualización pode realizarse en catro modos diferentes, a clásica liña de tempo na que se pode avanzar cara os dous lados con sinxelos xestos de rato, libro de páxinas rotatorias, listado ou mapa (esto último para os elementos xeoposicionados). E por si esto fora pouco, tamén ofrece os códigos para que sexamos quen de incrustar as liñas en blogs ou páxinas web.

 

CdePaz en Dipity.

 



blog | by Dr. Radut