Skip to Content

Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Luns Febreiro 03, 2020

Un grupo de 5 alumnos de 1º de Bacharelato participan no II Torneo de Debate Escolar da Fundación Barrié.Este grupo foi preparado polo profesorado de Lingua Castelá e Filosofía

Martes Febreiro 04, 2020

Un grupo de 5 alumnas de 4º de ESO participan no II Torneo de Debate Escolar da Fundación Barrié.Este grupo foi preparado polo profesorado de Lingua Castelá e Filosofía

O alumnado de 4º de ESO visita as insatalacións da Voz de Galicia acompañados do profesorado de Lingua Castelá

Dentro do ciclo de Conferencias de Divulgación Científica englobadas na acción do Contrato- Programa "Mellora para a consecución da Excelencia", o grupo dinamizador da biblioteca xunto cos departamentos de Física e Química e Química de ciclos organizan esta charla "A miña casa está feita de plástico: breve introdución á mecánica dos materiais" para o noso alumnado de ciclos formativos.

Martes Febreiro 11, 2020

Un grupo de 4 alumnos e alumnas de 1º de Bacharelato asistirá a grabar un programa na radio CUAC

Mércores Febreiro 12, 2020

Neste día o  Departamento de francés organiza a Chandeleur 2020.
Esta festa, moi popular en Francia, é a ocasión para reunirse, comer crêpes e organizar actividades entorno a esta tradición francesa . O departamento de francés fará diferentes actividades lingüísticas e culturais para o alumnado.

Venres Febreiro 14, 2020

Os departamentos de francés e latín e grego organizan para este día un intercambio de cartas de amor entre alumnado de distintos niveis que estarán escritas en latín ou francés.

Martes Febreiro 18, 2020
Start: 18/02/2020 14:03

Dentro do ciclo de Conferencias de Divulgación Científica englobadas na acción do Contrato- Programa "Mellora para a consecución da Excelencia", o grupo dinamizador da biblioteca xunto cos departamentos de Física e Química e Química de ciclos organizan esta charla "Microorganismos e resistencia aos antibióticos " de Carmen Coronado Carvajal para o noso alumnado de ciclos formativos.

Start: 18/02/2020 14:07

Dentro do ciclo de Conferencias de Divulgación Científica englobadas na acción do Contrato- Programa "Mellora para a consecución da Excelencia", o grupo dinamizador da biblioteca xunto cos departamentos de Física e Química e Química de ciclos organizan esta charla "Que fan os átomos cando non miramos?" para o noso alumnado de 2º de ESO.

Xoves Febreiro 20, 2020

Dentro do ciclo de Conferencias de Divulgación Científica englobadas na acción do Contrato- Programa "Mellora para a consecución da Excelencia", o grupo dinamizador da biblioteca xunto cos departamentos de Física e Química e Química de ciclos organizan esta charla "Non hai nada ... o non o ves"  de Alatzne Carlosena Zubienta para o noso alumnado de 1º curso do ciclo medio e 1º curso do ciclo superior de LACC.

Venres Febreiro 21, 2020

Neste día, a partir das 11:35 h o noso alumnado e profesorado participará nun Concurso de Disfraces.

Luns Marzo 02, 2020

O alumnado de 1º de ESO asistirá a un encontro con Fernando Lalana organizado polo departamento de Lingua Castelá dende as 10:00h ata as 11:35h

Martes Marzo 03, 2020

O alumnado de 3º de ESO asistirá a unha visita guiada polo museo de Belas Artes da Coruña  desde as 11:00 h ata as 13:30 h. Esta visita está organizada polo departamento de Xeografía e Historia.

Distribuir contido


by Dr. Radut