Skip to Content

Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Xoves Xaneiro 09, 2020

Alumnado de 1º de ESO comeza o Obradoiro de Radio Escolar impartido pola empresa MilComunicación. Todos os xoves de 15:00 a 16:30 h traballarán os distintos elementos que compoñen un programa de radio. Asemade, visitarán as instalacións de varias radios locais onde grabarán os programas que vian elaborando.

Este obradorio está programado dentro do Contrato- Programa asinado coa Conselllería de Educación e máis concretamente na actuación 2b.- Mellora da Competencia Comunicación Lingüística

Martes Xaneiro 14, 2020

O alumnado de Filosofía e Sicoloxía de 1º e 2º de bacharelato e de 4º de ESO asistirán a unha conferencia sobre Neurociencia na biblioteca do centro

Comeza o curso de Formación de Mediadores ao que asistirán 4 profesoras e 12 alumnos e alumnas de 1º de ESO.

O horario do curso é de 15:00 a 16:15 horas e será impartido polo gabinete "Alicce. Formación para la mejora de las relaciones humanas"de Santiago de Compostela e durará unhas 10 semanas.

Esta formación está programada dentro do Contrato- Programa da Consellería de Educación na actuación 4.- Con-vive

Xoves Xaneiro 16, 2020

O alumnado de Oratoria en Francés elaborará e grabará unha obra de teatro en francés para ser emitida en radio.

Contarán coa axuda da empresa MilComunicación e o farán en horario de 15:00 a 16:15 h.

Esta actividade está programada dentro do Contrato- Programa firmado coa Consellería de Educaicón e concretamente, dentro da actuación 7.- Mellora do nivel de coñecementos para acadar a excelencia.

Venres Xaneiro 17, 2020

O alumnado de Relixión de 1º e 2º de ESO visitarán o museo das Peregrinacións en Santiago de Compostela.

Luns Xaneiro 20, 2020

O alumnado de 3º de ESO asisatirá á representación da obra Le dîner des conse ao coloquio posterior no Forum Metropolitano ás 9:45 h.

Asemade, visitarán a Fundación Luis Seone co Departamento de Historia.

Martes Xaneiro 21, 2020

O alumnado de 1º curso de Química Industrial e de 2º curso do ciclo medio de Laboratorio visitarán as instalacións da empresa Caolines de Vimianzo.

Distribuir contido


by Dr. Radut