Pais/Nais
Inglés
Convocadas axudas para a formación en linguas estranxeiras 2023
admin — Mér, 22/02/2023 - 23:38
Convocadas axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2023, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos.
Orde do 18 de xaneiro de 2023 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2023, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, escolarizado nos cursos 2021/22 e/ou 2022/23, en réxime de concorrencia competitiva.
Concurso UGLY CHRISTMAS SWEATER DAY
admin — Mar, 06/12/2022 - 22:46
O departamento de Inglés convoca o concurso Ugly Christmas Sweater Day. Celebrarase o vindeiro venres 16 de decembro. O único que tes que facer é levar o xersei máis feo posible todo o día!.
Lee a información completa do concurso no seguinte documento.
Certificación niveis de Inglés
admin — Lun, 04/07/2022 - 20:20
SOLICITUDE DO IES ROSAIS 2 PARA A CERTIFICACIÓN DE NIVEIS DE INGLÉS B1 (4ºESO/1ªBAC), B2(1º BAC e 2ºBAC) E C1(os que teñan certificado os niveis anteriores)
O PRAZO REMATA O 8 DE XULLO!
Achegamos información da convocatoria e da resolución na seguinte ligazón.
MODELOS DE EXAMES PARA VALORAR O TEU NIVEL
DÍA DO LIBRO 2021
admin — Mér, 28/04/2021 - 21:21
Co gallo do Día do Libro 2021, o Departamento de Lingua castelá e Literatura organizou unha serie de actividades que se expuxeron en distintas localizacións do centro dende a semana pasada. O alumnado de 1º e 2º de ESO, axudados polo Departamento de Educación plástica e visual, confeccionaron as súas propias cartoneiras. Foi unha boa oportunidade de coñecer esta tendencia que algunhas editoriais alternativas promoveron sobre todo en Hispanoamérica dende 2003. A entrada do instituto encheuse así da cor e alegría que as portadas deseñadas polo alumnado achegaban. Por outra banda, o alumnado de 1º de ESO, en colaboración co Departamento de Lingua inglesa, imaxinou como serían as conversas de Whatsapp entre William Shakespeare e Miguel de Cervantes e expuxeron estas humorísticas “capturas de pantalla” nos taboleiros da entrada. En 3º e 4º de ESO o alumnado rendiu unha homenaxe á iniciativa da artista Nina Katchadourian, que deseñaba auténticos poemas a partir de títulos de libros. As mellores “lomopoesías”, que debían incluir algún título de Cervantes nos seus versos, foron escollidas para a decoración do frontal das escaleiras das distintas plantas do instituto. O alumnado de 1º de ESO D e B encargouse de debuxar unhas letras ben bonitas nesas bandas poéticas. Así mesmo, o Departamento de Lingua castelá propúxonos un reto colectivo: adivinar títulos de obras literarias a partires de emoticonas combinadas. A solución ó enigma desvelouse o venres, Día do Libro. O broche de ouro a todas estas actividades púxoo un concurso literario no que participou alumnado de 1º de ESO e que tivo como gañadores a Alicia Ama Ferreiro e a Sofía Llario Iglesias, de 1º ESO C. Os premios foron un lote de libros escollidos polo Departamento e dous vales para mercar na Casa do Libro. Moitas grazas a todos os que contribuistes para que este Día do Libro fose especial.
MOMENTS IN HISTORY
admin — Mar, 02/02/2021 - 01:19
MOMENTS IN HISTORY
Xa temos os gañadores do concurso “Moments in History” organizado polo profesor de Inglés, Miguel Otero. Noraboa!
1º PREMIO: Victoria Ivana Rodrígez Landeiro (3º ESO C)
2º PREMIO: Álvaro Adrián Canales Jiménez (3º ESO A)
GOODBYE BRENNA!
admin — Lun, 24/06/2019 - 16:29
O alumnado e o profesorado do instituto despedimos a Brenna, a axudante lingüística de inglés durante este curso. Agradecémoslle o seu magnifico traballo e desexámoslle o mellor no seu futuro.
THE WONDER WARDROBE
admin — Mér, 05/06/2019 - 11:16
Traballo realizado polo alumnado de 2º ESO B Sección Bilingüe, supervisado por Brenna Cancilla. Anuncio "The Wonder Wardrobe", sobre como resolver o problema de que poñerse cada día e estar á última moda.
Celebramos a primeira rolda do concurso de deletreo Spelling Bee para elixir entre os alumnos/as de 3º ESO dous representantes do noso Centro. A Axudante Lingüística, Brenna Cancilla, leu as palabras seleccionadas por School House. Resultaron elixidos os alumnos Martín Barcia Carbajal e Diego Fariña Rodríguez de 3º ESO B que representarán ao Centro na final que se celebrará no Colexio Salesiano María Auxiliadora o 5 de abril de 2019.
- 1
- 2
- 3
- seguinte ›
- última »
Buscar
Blogs do centro
Redes Sociais
Proa+