Pais/Nais
Outras novas
O instituto Rosais-2, o único de Vigo que fala alemán
admin — Xov, 23/05/2024 - 12:14
II Olimpíada Nacional de Teleco: Gran éxito do noso centro
admin — Xov, 23/05/2024 - 10:38
Preto de 300 estudantes de medio cento de institutos de ensino secundario de toda Galicia participaron entre o xoves 25 e sábado 27 de Abril na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación na II Olimpíada Nacional de Teleco , unha cita na que se reta ás alumnas e alumnos de ESO, Bacharelato e Formación Profesional a que realicen un proxecto de telecomunicacións que solucione algún dos problemas aos que se enfronta a nosa sociedade. Nesta ocasión os prototipos presentados tiñan que estar vinculados co ODS 3 da Axenda 2030: saúde e benestar.
Ao igual que na súa primeira edición, a Olimpíada Nacional de Teleco desenvólvese en dúas fases: unha galega na EET da UVigo, e outra nacional, na que compiten os proxectos gañadores das distintas competicións locais. A fase nacional desenvolverase durante o mes de maio nunha final en liña.
Na fase Galega xa rematada temos a excelente noticia de anunciar que o noso centro logrou un gran éxito ao ser galardoado co segundo premio tanto nas categorías da ESO e de Bacharelato. Os nosos parabéns para o Departamento de Tecnoloxía e as rapazas e rapaces participantes neste evento pertencentes o grupo de Tecnoloxía de 4º da ESO e de Tecnoloxía e Enxeñería de 1º de Bacharelato.
premios extraordinarios ESO 2023
admin — Xov, 01/06/2023 - 10:30
O día 31 de maio, iniciouse o período de presentación de solicitudes para participar nos premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico 2022-2023 (código de procedemento ED311D) cuxa orde de convocatoria publicouse no DOG o pasado 14 de abril.
O prazo de presentación de solicitudes é do 31 de maio ata o 30 de xuño.
Achégase unha folla resumo das características do premio con indicacións importantes sobre como realizar a solicitude desde a aplicación de PremiosEdu ou desde a Sede electronica. Esta folla pode ser distribuida electrónicamente ou en papel (tamaño A4) entre o alumnado que considere.
Pode acceder á información desta convocatoria na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), introducindo na caixa de busca o código de procedemento ED311D ou ben en PremiosEdu (https://www.edu.xunta.gal/premiosedu/).
Premios extraordinarios de Bacharelato 2023
admin — Mér, 26/04/2023 - 10:14
O día 26 de abril iníciase o período de presentación de solicitudes para participar nos premios extraordinarios de bacharelato 2022-2023 (código de procedemento ED311A) cuxa orde de convocatoria publicouse no DOG o pasado 3 de abril.
O prazo de presentación de solicitudes é do 26 de abril ata o 25 de maio.
Pode acceder á información desta convocatoria na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), introducindo na caixa de busca o código de procedemento ED311A ou ben en PremiosEdu (https://www.edu.xunta.gal/premiosedu/).
Convocadas axudas para a formación en linguas estranxeiras 2023
admin — Mér, 22/02/2023 - 23:38
Convocadas axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2023, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos.
Orde do 18 de xaneiro de 2023 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2023, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, escolarizado nos cursos 2021/22 e/ou 2022/23, en réxime de concorrencia competitiva.
Buscar
Blogs do centro
Redes Sociais
Proa+